miércoles, 23 de noviembre de 2011

23 novembro 2011

23 novembro 2011

Hoxe era a miña primeira vez. Tiña medo de non estar á altura. A miña "roupa vella" foi un éxito. :)

.........

Descubrín a roupa vella hai pouco. Primeiro oíra falar dela na casa dos avós Moucho, pero non nos daba tempo a comela nunca, estamos pouco tempo e hai que facer comidas especiais. Este ano probámola en Cangas cos restos do cocido da man da nai de Madro. É un manxar!!! (e ela seguro que unha boa cociñeira :) )

Nunca pensei que houbese un prato tan rico e tan sinxelo para aproveitar os restos de carne. O domingo fixemos cocido na casa, o luns repetimos cocido, onte arroz con verduriñas para descansar un pouco e hoxe por fin roupa vella co lacón que sobrou. Vos conto como o fixen eu, pero seguro que é moi mellorable xa que foi a miña primeira vez... aínda estou lambendo os bicos.

Cortar a carne en anacos pequeniños (eu paseina pola picadora un pouco, sen desfacela tanto como para facer croquetas) e reservala.
Pelar, cortar e fritir patacas en cubiños (que son como me gustan a min as patacas fritidas... e nesta casa sempre teñen que ser "alargadas", así que hoxe aproveitei)
Cortar cebola e pemento finiños e sofreir mentres se friten as patacas. Logo mesturar todo na mesma tixola e pasalo un rato. Eu boteille un vasiño de caldo para que non quedase tan seco, pero supoño que depende da carne que se bote, e sendo de lacón, aínda que parecía moi desalgado, puiden non botarlle sal ás patacas... polo demáis comida de deuses :)

Se non o coñeciades probade!

NOTA: Ups! Seica o cocido e a roupa vella son mérito do pai de Madro, non llo quitemos! :)

2 comentarios:

  1. Pois exactamente a roupa vella non a probei. Pero teño feito cousas parecidas coas sobras. Son unha experta das sobras... Isto ten unha pinta de morrer...

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén a fago,cos restos do cocido,do lacón asado,da carne asada...na casa gústalles moito, eu bótolle tamén ovos,coma se fose un revolto,que así o facía miña nai,e tamén está moi boa.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir