miércoles, 12 de octubre de 2011

Unhas zapatillas deportivas especiais

Estaba pensando no título que poñerlle á entrada e ocorréronseme de súpeto os nomes que lles damos ás zapatillas deportivas, na miña casa son tenis (que obviamente virá de zapatillas para xogar ó deporte de raquetas), pero coñezo ademáis bambas, playeras, playeros, deportivas, deportivos,... por que variará tanto esta palabra segundo as zonas? Tendes unha resposta? E como se lles chama na vosa casa ou na vosa zona?

Bueno, ó que ía. Este é un dos meus tipos de calzado preferido, normalmente teño dous pares en uso, uns para "andar por casa", máis ben polos arredores, que me gustan menos, e outro par para "vestir", o que me gusta máis. Despois son intercambiables, pero sempre teño unhas zapatillas preferidas. Desta vez antes do verán me decatei de que os dous pares estaban a piques de morrer, aínda que as vises ben (será amor de propietaria, pero eu sempre as vexo ben :P) estaba aí na suela a temida "cámara de aire". Unha inveción do demo para gastar menos en goma e que en canto a suela se gaste un pouco teñas un burato por onde che entre a auga... igual a súa función non é esa, pero eu que uso as zapatillas de deporte para vestir e non para facer deporte é a función que máis lle vexo á famosa cámara de aire.

O caso é que por medo a quedar sen elas de cara ó outono e a chuvia (no que tamén me trabuquei porque o outono chegou no calendario, pero a chuvia non :( ) decidín aparcalas e coller as miñas vellas "gacelas". Vós tivestes unhas destas? O modelo gazelle de adidas me acompañou dende o bacharelato, non quero dicir que as fose mercando dende entón, de feito as conservo con máis aprecio porque penso que non as terei máis xa que hai tempo decidín non mercar máis cousas a esa marca. Sei que se seguen a fabricar, pero non sei a calidade que teñen agora, que imaxino que non será a mesma, o que si sei é que as miñas seguen en uso despois duns quince anos! Vale, teñen a lengüeta aberta pola metade, a goma está cuarteada nalgúns sitios, a suela está gastada, pero como non teñen cámara de aire senón unha especie de escuma de recheo non lles entra auga por abaixo (por arriba cálanse igual que o resto), pero iso son pequeneces nas que só se fixa miña nai, seguro :P.

Así que durante o verán, as mesmas zapatillas que calzaba antes de facer a selectividade (e posiblemente ese mesmo día), andiveron comigo.

gacelas en Narón

Gacelas en Cíes

O caso é que pensei cales serían as próximas que ía mercar, e unha boa opción que atopei foron as J'hayber, lembrádesvos? Vós non tivestes aquelas indestructibles? As primeiras en azul e branco e despois máis suavizadas en gris e branco? Agora segue a habelas, eses modelos e moitos outros porque tamén estes se adaptan ó mercado, claro, e ademáis son producidas en España, a min parecéronme unha boa opción, que vos parece a vós? Tendes algunha outra suxerencia?

Eso foi o primeiro que pensei , pero despois se me ocorreu que había que probar outra opción, antes de mercar algo novo, amañar algo vello: o zapateiro. Seguro que non é moi habitual que lles vaian con zapatillas deportivas, pero podía intentalo, non? Así que alí me fun á busca dunha zapatería, entrei, lle expliquei, o home dixo que o podía intentar, fixo unha proba na máquina por se non podía gastar na goma e me dixo que volvese nunha semana.

E efectivamente, unha semana despois tiña as miñas zapatillas listas para uns cantos quilómetros máis, coma novas :)

Un momento... estas zapatillas teñen algo raro...

gola con tacón perfil

gola con tacón

Teñen tacón!!!! :DDD

Pois sabedes que? Que a min faime ilusión porque son as miñas primeiras zapatillas deportivas con tacón :D e me vou con elas postas tan contenta agardo que por uns aniños máis :)

con estas pintas

10 comentarios:

  1. Manda carallo!... por certo, eu de J'Hayber de toda a vida (aunque levo tres ou cato anos cunhas Beppy do Haley que nin calaron neste chuvioso verán :o))

    ResponderEliminar
  2. Que exemplo de grande recicladora es!! bravo por ti :) eu tamen decidin darlle traballo aos zapateiros e seica coa excusa da crise nunca tanto traballaron(isto dixomo un ourensá) POis a ver,xa que preguntas eu te podo recomendar unha marca: "El Naturalista" son de Navarra e fan ademais de zapatos, zapatillas. A min gustanme porque son de moi boa calidade(eu teño unhas dende hai 5 anos intactas), as gomas son de caucho reciclado e as peles recicladas e tinguidas con tintes respectuosos co medio. NOn son exactamente iguais un pe e o outro porque as peles non son homoxeneas, pero mola mais! Bota un ollo pola web e xa me contarás :)

    ResponderEliminar
  3. Que emotiva a entrada das zapatillas ;)
    Eu lembro botar varios anos cuns "botóns" marrón oscuro daqueles de traballar nas obras, que ben me sentía con eles!!! Un día cravouseme unha chincheta en clase e non lla saquei, deixeilla observando como ía desaparecendo ata que rematou por gastarse de todo (máis dun ano). Tamén tiven outra época de zocos, zocos... dos de coiro e madeira. Agora tamén me pasei a "El Naturalista" pero dan tan bo resultado que levo coas mesmas botas máis dun par de anos...
    Mólame o tema e tamén rexeito por completo Adidas, Reebok, Nike e demais ;)
    Bicos!!!

    ResponderEliminar
  4. Pois por aquí ( sur de Pontevedra ) chámanse tenis.
    Ata hai xente que di: - Levas desatado un teni !.

    ResponderEliminar
  5. Aivou, de J'hayber de toda a vida, eh? Pois non é doado resistir :)

    María, coñézoas, aquí sei dunha zapataría que as ten, pero sempre traen as máis sosas. Vouno lembrar de cara ó inverno porque antes andaba con botas de montaña e debe ser que me fago vella que me pesan e me doen os pés e as pernas cando as poño :-/ así que igual toca mercar algo de calzado este inverno, que para iso non se me ocorre unha solución.

    Sabela, zocos zocos? E non pesan? A verdade é que o calzado tradicional ten que funcionar ben para o noso clima, non? :)

    Paideleo, si, é verdade! Non é a primeira vez que escoito o de "un teni" :D

    ResponderEliminar
  6. Na miña casa, arregláronse as zapatillas desde sempre. Máis que nada meu irmán, que era o que máis as gastaba.
    As zocas tipo bota, feitas a man por artesáns foron unha idea dalgúns pais do barrio durante unha época da miña infancia. Os rapaces os odiábamos. Agora non me importaría probalos. De feito, nestes principios e finais de outono uso zocos, pero industriais.

    ResponderEliminar
  7. Siiiiii, zocos-zocos de coiro e madeira con gomas cravadas, encantábame levalos con calcetíns de la grosos e pantalóns de pana ancha marróns ou verdes... Mmmmm, que calorciño máis rico!!!

    ResponderEliminar
  8. si si, como novas che quuedaron, pero como ti ven dis, sigo pensando que se che van a enchoupar por riba, cando chova

    ResponderEliminar
  9. Eu son desas que usan El Naturalista pero a min xa non me volven pillar... xa fábrican fóra de España pois seica lles sae máis barato... uiiiii perdón! eles dín que é por que aquí non quedan artesáns! }:P Non me fagasdes falar!! ;)

    ResponderEliminar
  10. http://www.mandalashoes.com/catalogo.html
    http://www.chiruca.com/public_home/ctrl_home.php
    En Lugo; http://www.calzadoslosal.com/empresa/historia concretamente en Monforte de Lemos
    E se vos gustan al alpargatas La manual alpargatera e unha opción.... pero a min os do Naturalista non me volven pillar... que rabia me deu!!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir