martes, 18 de octubre de 2011

Tartarouchadas

Da Z.

Z

A última vez que estivemos cos avós Moucho, a Z foi acompañar á avoa e pasaron polo cemiterio, e como xa sabe ler parou a ler as lápidas. Comezou co nome, os apelidos,... e cando chegou ós números se volveu cara a avoa Carme e lle dixo: e esto é o número de teléfono?


Da L.

L

O veciño estaba maliño, ela escoitouno e atacou cunha desas interminables roldas de preguntas:
- Que lle pasa ó veciño?
- Que está maliño
- E por que está maliño?
- Porque colleu unha enfermidade
- E por que colleu unha enfermidade?
- Porque... si...
- E que quería facer coa enfermidade?
- :D

Lavei as fundas dos coxíns do salón e estaban tendidas ó sol.
- Mamá, eses son os coxíns?
- Son
- E quen os desinflou?

(A foto da Z a fixo a L, saquei a cámara para fotografar os debuxos que a Z estaba a facer cun colar no chan e foi imposible, en canto ma viu ma arrincou das mans: "Eu quero facer fotos!!!!" E fixo :) )

1 comentario:

Conta, conta...

Por se queres compartir