jueves, 6 de octubre de 2011

Posibles futuras aficións

Non vou mentir e vos direi que me satisface ver como as tartarouchas proban a facer as cousas que ven no día a día da súa nai.

A Z. aprendeu a calcetar, despois de intentalo moitas veces nos seus cinco aniños de vida de súpeto hai un par de semanas o intentou de novo e lel saiu! Se emocionou tanto ó descubrir que podía calcetar que dixo que quería facerlle un vestido á unha boneca (de todas esas que están sempre espidas dende o minuto un de recibilas). A emoción lle durou un par de días, epro foi un comezo, se cadra un día calquera o retoma e fai unha chaqueta para a súa nai, que non é quen de rematalas :P

tecelá

Por se quedaba algún tipo de dúbida, a L tamén o tiña que intentar, cambiando as agullas de man unha e outra vez, dándolles voltas e máis voltas :)

tecelás

(lembrades a chaqueta que ten posta? Si, talla... 3 meses?)

Pero o seu é máis probar coa fotografía: "Mamá, agora eu quero facer unhas fotos"

fotógrafa 1

fotógrafa 2

fotografa 3

fotógrafa 4

fotógrafa 5

Só me dá mágoa non ter unha foto dela coa cámara... :)

Probar significa que pode ser que algo disto lles guste e algún día chegue a ser tamén a súa afición.

E tamén que pese a todas as cousas da súa educación que deixamos en mans doutras persoas e que non nos gustan, pese a todas as voltas que dan as cousas na miña cabeciña sabendo que todo o que vivan será parte importante (tamén) da súa vida adulta e que dende a entrada, e este ano aínda máis, a escola é a maior parte das horas que está esperta (a Z de momento), para min isto quere dicir que algo queda e pasa a ser algo aínda máis satisfactorio... ou consolador.

Bueno, veña, a quen de vós non lle faría ilusión? ;)


5 comentarios:

  1. Ay... no te quiero ni contar la ilusión que me haría a mi ver a J con las agujas tejiendo!!!! Y espero, espero que ese momento llegue... :)
    También espero que como dices tú, algo quede de lo que les transmitimos en casa.
    Abrazos,

    ResponderEliminar
  2. Llegará, aunque después decida que no es lo suyo, seguro que si lo ve lo intenta en elgún momento :)

    ResponderEliminar
  3. Ves, estas cosas a mi me emocionan. Tiene que ser maravilloso ver como crecen y como van escogiendo sus caminos.

    ResponderEliminar
  4. Poucas imaxes espértanme a min o instinto maternal. Pero esa das nenas, sentadiñas na mesma postura, tan concentradas...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir