viernes, 2 de septiembre de 2011

A volta das vacacións

Ir de vacacións no medio do verán ten consecuencias:

- A horta semella unha selva, esta era á volta a nosa fraga de leitugas:

leitugas

- os cabaciños que xa non eran "iños"

cabaciño

- as xudías que case eran fabas

xudías

- os pementos de Padrón que non nos atrevemos a comer e non sabemos se conservalos para usar como guindillas...

pementos

- as nosas primeiras cenorias normais!!! O Moucho estaba radiante cando a sacou e a viu tan feitiña, e non como as que se nos deran sempre, pequenas, gordas e con dúas ou tres puntas

cenoria

- os primeiros tomates da temporada... a alguén máis lle pasa que empeza a ter tomates a estas alturas do verán? Non se supón que no verán é cando se comen tomates? Pois coido que aquí se comen no outono... se non chega o frío e as prantas collen mildeu e alá vai todo.

tomates

- un dos cactos (unha suculenta en realidade) fagocitada por unha árbore de flores preciosa

cacto

- e unha gata famenta de aloumiños que decide ir miañar ó teu carón na cama xusto dez minutiños despois de deitarte e alá sobre ás 6 da mañá por se tés ganas xa de erguerte e facerlle uns arrumacos e que pasa o día colocándose nos lugares máis próximos á man posibles.

Olivia

Olivia

E esas son algunhas das cousas que pasan por aquí cando se decide marchar de vacacións no medio do verán... alo menos desta vez non saltou o limitador ó día seguinte de marchar... ou bueno, en realidade si, pero os veciños evitaron unha (outra) catástrofe co conxelador.


5 comentarios:

  1. Nosotros también hemos tenido nuestra primera cosecha. Los tomates se nos perdieron casi todos. Una mosca tonta que se empeñó en posarse por allí. Pero hemos tenido una gran cosecha de pimientos y de puerros!!!! Aún faltan por salir las berenjenas... ya te contaré...

    ResponderEliminar
  2. Deus! nunca vin uns pementos de padrón tan grandes!!! nin sequera sabía que crecían tanto se se deixaban... (na terra de meus avós, en Zamora, non se daban estes pementos) Pero iso sí, cabacíns sí que os teño vistos dese tamaño. Isto de collelos medianiños me parece que é unha modernez que veu dos supermercados...

    A nosa gata este ano está igual de aloumiñenta que a vosa ao volver nós de vacacións. E mellor así, porque o ano pasado deulle por cabrearse e non se lle pasou case ata Nadal...

    ResponderEliminar
  3. Puf, a nós este ano cada fin de semana que marchamos, marchou a luz o venres..... Nas vacacións xa a persoa que se encarga de darlle de comer á cadela, encárgase de comprobar que temos luz :-(

    Os cabaciños do meu sogro tamén son XL.

    ResponderEliminar
  4. Os tomates en Galicia deben vir sempre neste mes, pois eu non acordo comer tomates da horta antes de fin de agosto ou comenzos de septiembre. E este ano por esta zona, que é de moito sol, esta a ser así tamén.
    Esa horta ten moi boa pinta.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  5. Adijirja, que bien que tengáis huertito! Hace una ilusión! Espero a que me cuentes :)

    Montse, onte intentamos inxerir os pementos xigantes, pero ben uidemos conservalos coma guindillas :D
    O malo dos cabaciños cando se deixan medrar moito é que teñen moita semente e ás veces tamén oco, que non se aproveita a non ser que sexa nunha cremiña, e ás Tartarouchas non lles vai nada a cremiña :(
    Oh, pobriña! Logo si, mellor aloumiñenta que cabreada :)

    Arantxa, nós temos pendente colocar un limitador (ou diferencial, qeu non me aclaro eu moito) antitormentas, pero como o ten que colocar un electricista autorizado sempre o imos deixando. O aparello funciona en teoría de maneira normal, pero se o colocas nunha posición especial (cando marchas) se se baixa ó cabo dun pouco remonta el só. Iremos preguntar porque se non vale xa excusamos poñelo. Os outros anos se nos fastidiou o do conxelador nas vacacións :(

    Grazas gustannos, é o que ten non saber, isto de retomar "a vida do campo" sen saber é o que ten :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir