sábado, 3 de septiembre de 2011

Trenzas

Érguese unha mañá e o primeiro que di é que quere o vestido branco, o segundo que quere unhas trenzas.

A súa nai nunca xogou a peitear bonecas nin quixo ser perruqueira cando era pequena, e caro lle custa facer as trenzas no seu pelo liso, e entón ten diante a unha nena de 2 anos e medio co pelo finísimo e rizado que está decidida a levar unhas trenzas si ou si.

E era verdade, agardou pacientemente unha eternidade para unha trenza e outra para a seguinte e o resultado nos deixa cun sorriso ás dúas.

trenzas 2

trenzas1

trenzas 3

E entón vela coas trenzas e te decatas do grande que está :)

6 comentarios:

  1. "bueno bueno!" como diríamos por aquí, cousiña máis bonita, certo, a nena ten bo gusto e a nai boa man por moito que diga, a primeria foto, a da caluga con esas trenziñas é preciosa!

    ResponderEliminar
  2. preciosas trenzas, preciosas a nena que as leva, e precioso blog que sigo sempre ainda que non deixe comentarios apenas, este gustoume especialmente porque estas trenzas sempre me gustaron e hai que apoiar a perruquería das nais, que sempre será a millor, feita con todo o cariño, ou non? ;)

    ResponderEliminar
  3. Para non ter moita práctica tes moita maña e a modelo é perfecta.
    Sigo disfrutando moito de este blog de grandes cousas menudas.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Ai, eu non sei se terei paciencia, xa me estou vendo os días de cole coas presas e a L querendo unhas trenzas e eu tardando media hora en facer cadansúa :D Iremos vendo.

    Grazas polos piropos, e por deixarme os comentarios :)

    ResponderEliminar
  5. Madre mía... parece que fue ayer cuando entraba en la chaqueta de Zimmerman con tamaño de muñeca. Qué rápido crecen : ))))

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir