miércoles, 7 de septiembre de 2011

Tarefas

As vacacións foron tan vacacións... deume rabia que o que fixen nada máis chegar fóra poñerme tarefas, facer unha listiña nun papel de cousas que tiña que facer antes de rematar agosto.

- Limpar e escoller 3 meses de fotos.
- Rematar as mangas do xersei que teño comezado dende febreiro.
- Comezar a colcha para a L.
- Preparar unhas fotos que teño pendentes para enviar.

Todas tarefas máis alá do cotián, máis alá do que realmente son tarefas. É dicir, púxenme deberes para facer as cousas que me gustan. E sobra dicir que de todas elas só cumplín dúas.

En parte coido que eu debería ser da clase de persoas que fan un proxecto de cada vez, e ata que está rematado non se comeza outro, pero non son quen, porque non sempre teño ganas de facer o mesmo: non sempre me apetece andar a fozar nas fotos, nin tecer, nin coser, nin respostar correos, nin pensar en como mellorar unha asociación, ... comezo tantas cousas que ó final me atopo metida nun vórtice do que non sei por onde saír.

distorsión

Non sei se isto é o normal, se non lle pasa ó resto dos mortais e é só un fallo meu, se forma parte da miña desorganización persoal, pero ler esta entrada de Alfanhui14 me fixo consolar un pouco.

O problema agora é que todo o que teño comezado me parece importante rematalo e todo canto antes, así que necesito un plan, un plan que funcione, que me permita rematar todos os proxectos que levo comezados cunha orde lóxica, pero aínda non atopei a resposta e de momento non saquei moitas conclusións salvo que non quero ter moitos frontes abertos a un tempo e que non me gusta que se convirtan en obrigas.

Persoas organizadas do mundo: cales son os vosos segredos? Compartídelos?

4 comentarios:

  1. Pois non che podo contar ningún segredo interesante, senón sólo consolarte tamén. Eu son un desastre da organización. As miñas listas vanse vaciando á vez que se siguen enchendo de máis cousas. Teño a sensación de nunca a cabar. E tampouco consigo cumprir os prazos que me poño, porque aparecen cousas novas máis urxentes, ou que me apetecen máis...
    Creo que non son nada boa organizándome, pero quero consolarme pensando que o importante é o proceso. Ir facendo cousas, pasiño a pasiño, e non deixarse agobiar pola presión e o estrés. Iso penso ás veces...

    ResponderEliminar
  2. Tù por lo menos empiezas! pero yo me quedo a menudo en proyectos que no consigo llevar a cabo: por falta de tiempo, por pereza, por no tener a mano las cosas necesarios para comenzar....

    ResponderEliminar
  3. Pero por que, por que un plan? As cousas que nos fan disfrutar son para facernos disfrutar, cun plan convértense nunha morea de obrigas a acumular coa morea de obrigas da vida cotiá.

    Eu voto por empezar cousas e facer trinta á vez se iso faiche disfrutar delas. Ou non fas fotos-teces-coses para iso??

    Bicos

    Cris (G)

    ResponderEliminar
  4. Grazas rapazas, mal de moitos... :)

    Cris, pero é que a obriga xa a sinto porque non me gusta ter trescentas cousas sen acabar durante anos, aínda que sexa inherente e min, me temo. Agora, por exemplo, penso que me gustaría poñer o meu xersei novo en canto comece a facer frío... e non o terei porque enredo de cousa en cousa... os plans tamén son necesarios para estas cousas, por moi satisfactorias que sexan, polo menos iso penso estes días...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir