jueves, 29 de septiembre de 2011

Para un Antón que está a piques de chegar

Por fin rematei algo de calceta, nalgo máis dunha semana, pero tarde para entregala na reunión cos seus papás. De todas maneiras creo que lles fará máis ilusión se cabe recibila por correo, cando lle pedín o enderezo a seu pai quedou pensando e dixo: "bufff, facía anos que non escribía o enderezo apra que me enviasen algo" :)

Para Antón

A la a mercara hai anos con idea de facer calcetíns, é a calidade Kim de mondial, as cores son preciosas, a min encantábanme, pero xusto apara facer acetíns coido que non ía ben porque apenas resaltaban, quedaba algo semellante as mangas desta chaquetiña. O corpo encántame.

Para Antón

Agardo que as proporcións sexan axeitadas porque tiven que improvisar moito, tiña pouca la, non daba a mostra para o patrón e... bueno, quedou curriña.

Para Antón

5 comentarios:

Conta, conta...

Por se queres compartir