jueves, 15 de septiembre de 2011

Internet é o que ten

A verdade é que últimamente estou a levar desgustos con internet en xeral, tiven días de pensar mandalo todo á merda, de pensar que non pagaba a pena. A verdade é que tanto no blogue coma noutros sitios as cousas non sempre saen ben, sei que puiden facer sentir mal a xente aínda que non fose nin de lonxe esa a miña intención, pero o mal quedou feito e eu só podo pedir desculpas a todo o que se sentira ofendido ou danado por causa miña.

Pero logo pasan estas outras cousas e te decatas de que internet xa é unha parte máis da vida e, coma nas demáis, ás veces as cousas non saen coma unha cre, ás veces hai momentos difíciles e non todo son vantaxes, tamén hai inconvintes polos que cando pasas se sinten aínda máis amargos.
Pero pasan e, tamén coma nas demáis facetas da vida, cando vén un momento doce o saboreas tanto tanto que todo volve pagar a pena.

the happy package

agasallos1

agasallos2

agasallos3

Desta vez as grazas van especialmente para Anna por meter moita emoción e sorrisos nunha caixiña tan pequena.

Tamén para outra persoa que non desvelarei ;) e para todos e todas as que sodes virtuais e vos facedes reais ou que sendo reais estades lonxe pero preto (como as que van ós aquelarres). Grazas a todos polos sorrisos e polos momentos doces, por facer que isto, como o resto das cousas na vida, tamén siga valendo a pena :)

7 comentarios:

  1. ohhhhhh!!!!
    qué me va a gustar ver todo eso bien aprovechado... ;-) Ya ni me acordaba de las mariquitas :-)

    Y gracias a ti!
    (esperando pasar prontito de la virtualidad a la realidad en 3D ;-)

    ResponderEliminar
  2. Precioso el detalle de Anna !!! Feliz fin de semana ;)

    ResponderEliminar
  3. Sempre é unha ledicia ese tipo de sorpresas, verdade? Coma ti dis, internet é o que ten, que é coma a vida mesma, con luces e sombras.

    ResponderEliminar
  4. como me gustan estes detalliños!! :-)
    A de cousas lindiñas que vas facer con elas!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir