viernes, 23 de septiembre de 2011

Camisola vella -> Bolsa nova

Entre as peticións de material para a escola (e non vou falar moito deste tema porque non quero comezar con queixas) o mércores desta semana nos enteramos de que necesitabamos unha bolsa para levar unhas zapatillas deportivas limpas, unha muda, xabrón e unha toalla pequena. Tiña que ser unha bolsa distinta da que leva coa merenda (e outras cousas das que tampouco vou falar) e hoxe xa tiña que usala, así que onte á 1 da mañá se me ocorreu facer unha aproveitando unha camisola vella.

Non hai fotos do antes porque tiña medo de non rematar a tempo, así que só me puxen a facela. Era unha vella camisola miña, recorteina de maneira que quedase máis ou menos recta e cosín todo ó redor. Aproveitei para facer os meus primeiros ollos a máquina, e ata intentei probar un prensatelas automático que trae a máquina nova no que se supón que introduces o tamaño e ela os fai todos igualiños... pero non fun quen nin de que comezara a facelo, igual non eran horas de probar estas cousas. o caso é que non sabía que fosen tan doados, agora me animarei a poñer botóns máis veces.

bolsa arriba

No fondo aproveitei un retallo de punto que tiña para tapar as letras da marca da camisola, que ademáis quedaban do revés, e cun anaco de fita bies que fixera para as mantiñas de "pinnic" como lles chama a Z, fixen as tiras.

parche bolsa

E nesas estaba, cosendo o bies, cando espertou a L e nos fomos as dúas para a cama, así que non, non a rematei a tempo para hoxe, levou unha provisional pero así mentres eu remateina e fixenlle as fotiños.

23092011-IMG_7209

Agora xa está lista para o resto do curso, e usamos cousas que tiñamos para facer algo que necesitabamos :)

8 comentarios:

  1. Bona, bonita e barata/ecolóxica! Este ano vou dar clases dunha asignatura que se chama "Volume" a rapaces de 16 anos, e vou empezar ensinándolles a coser unha pequena bolsa para que metan ferramentas. Algúns xa torceron o morro, pero supoño que acabarán agradecéndoo.

    Xa me metiches a curiosidade polo tema da merenda e o material. Conta, conta.

    ResponderEliminar
  2. E, por certo, mandeilles levar telas reutilizadas da casa e me miraron con cara de "menuda tola".

    ResponderEliminar
  3. Encántame... ¡a unha da maña!a esas horas eu xa non vexo nin para enfiar a agulla. Ando moito a pensar no que se aprende na escola e no que se debera aprender e esto que escribes enlaza cos meus pensamentos. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Fantástica!!!!! Qué buena idea!!!!
    Saludos
    Eva

    ResponderEliminar
  5. Que ben! agardo que ao vela moitas nenas e nenos lles pidan as súas nais bolsas ecoloxicas feitas na casa con cousas que sobren e den unha leccion ao cole. Paciencia! que con cousas así consiguense outras moito mais grandes. Un biquiño! :)

    ResponderEliminar
  6. Grazas Virucha!

    Montse, qué interesante! E son adolescentes, o máis probable é que che miraran raro dixeses o que dixeses ;) pero polo menos aprenderán cousas útiles e diferentes :)

    gústannos, o da escola, bufff, eu non podo falar moito do tema áinda, supoño que acabarei resignándome, pero de momento me custa moito, e máis ser a única tola.

    Grazas Eva!

    María, eu cando sexa grande quero ser optimista coma ti :) A ver se este ano podo facer algo máis no cole, xa che contarei.

    Grazas ...triz ;)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir