jueves, 25 de agosto de 2011

Crónica (fotográfica) das vacacións · Parte III

E chegamos o seguinte destino, a "nosa" praia!!!

Esta vez de hotel, cunha piscina para nós sós a calquera hora (agás tres "rapazas" portuguesas, como as chamaba a Z., duns 80 anos que pola mañá ían ler nas tumbonas á sombra) e cunha vista imperfeta e preciosa igualmente.

hotel agosto2011

E o día na nosa querida praia, ogallá poidamos ir algúns días cada ano a ver o solpor nela, a ver caras coñecidas e buscar lorchos, caranguexos, ermitaños, cabaliños de mar, sardiñiñas e bebés sargos, mágoa que a cámara non foi á praia polo día e non hai fotos da fauna agás algunha estrela.

a nosa praia agosto 2011

Puxen moi grandes os meus pés hinchados pola calor, non? E logo por que non puxen máis grande unha das paisaxes? Pois para recordar a miña dediña miñique, porque uns intres despois desa foto e correndo da man da L. a xunto da Z. e daquel neno a devolver todas as capturas ó mar... batín cunha rocha e a miña dediña quedou mirando para o outro lado... que rompeu, vaia.

Ó día seguinte o meu pé tiña este aspecto (e non sei por que saiu a foto tan desenfocada, pero esa sombra no meu pé esquerdo non é unha sombra... co pequena que é esa deda e hai que ver o que amola!)

a deda lesionada

Así e todo puidemos ir de mercadiños, descubrir un bo sitio onde xantar en Cambados e pasar uns días co avó Tito con actividades na piscina incluídas

actividade no hotel do avó

actividade no hotel do avó L

e na auga

E para rematar tivemos tempo de ir Á Coruña e atopar un restaurante con pasta fresca antes de ir á Casa das Ciencias, foi unha mágoa que só puideramos ir a Z. e máis eu ó planetario, eu tiña ganas de ver a sesión de verán onde explican o ceo e ademáis aínda había perséidas, pero só era para máis vellos de 10 anos, así que aínda temos que agardar. Fugaz non estivo mal, e de calquera xeito coido que por aquí só cos poliños xa nos abondaba :)

casa das ciencias

Cundiron as vacacións... mágoa que remataran!

7 comentarios:

  1. podemos saber o nome da praia das rochas asasinas ou é un segredo ben gardado? :O)
    bicos

    ResponderEliminar
  2. Boas familia!! vos sigo dende fai tempo, e hoxe non puiden evitar escribir..porque acabo de chegar da rúa....e vin unha nena igualiña igualiña a Z, de feito o primeiro que fixen ao chegar e vir ao ordenador para ver si e que a pequena está por Ourense.....Igual é que ten unha dobre!!jejeje
    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Rosana, é un segredo, qeu se non se nos masifica a nosa praia ;)

    Vero, iguel ten unha dobre logo... ou é que non para de pasear para aproveitar o verán ;)

    ResponderEliminar
  4. Ai Raquel, estírate, que eu tamén quero saber desa praia e desa piscina en exclusiva, como diría Irea: "hai que compartir!!"

    Bicos, Julia

    ResponderEliminar
  5. Julia, pero se ti seguro que o sabes xa por outro lado! :)

    ResponderEliminar
  6. Que recordos os pitiños da Casa das Ciencias! Acábasme de recordar que me encantaría fecerlle unha visita ao planetario! O que temos máis perto ás veces é o máis olvidado...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir