viernes, 19 de agosto de 2011

Crónica (fotográfica) das vacacións · Parte II

A ver se adiviñades cal foi o paraíso onde fomos parar?

viaxe a cíes agosto 2011

Si! O paraíso das gaivotas! (e un pouco noso tamén, veña :P) As Illas Cíes.

gaivotas cíes agosto 2011

É precioso, e tamén é espectacular a adaptación das gaivotas ó medio: ós campistas. Pero coma en ningures. Normalmente as ves na praia achegarse cando a xente vai marchando a limpar a area... aquí a mediodía axexan agardan pacientemente a que acabes de xantar achegándose a 20 centímetros se é preciso para coller un anaco da comida. Ou á noitiña velas pasear entre as tendas picoteando as bolsas dos campistas á busca de provisións.
Fixemos un experimento o primeiro día ó chegar porque sen tempo máis que a poñer as tendas nos fomos directos á praia comendo unha mazá... alguén suxeriu deixala nun poste da entrada da praia á ida e ver se aínda estaba á volta e levala co resto do noso lixo, pero despois decidimos levala connosco e rematamos facendo un experimento que durou aproximadamente medio minuto: a tía Rita sentou na area e puxo o corazón da mazá xunto dela, un pouco máis alá de onde chegaba o seu brazo. Antes de que se decatase xa había unha gaivota xunto dela, só recuou un par de pasos cando Rita volveu estirar o brazo onda a mazá, pero ó ver que non a recollía de novo tardou segundos en collela e levala voando. Coido que puidemos poñela aínda máis preto, ou facer o experimento simplemente levantando a man co corazón da mazá nela, e a terían collido igual. Impresionante. Podedes ver arriba unha foto.

A verdade é que se nos esquecemos do feito de que as hai en todos lados (como chegaron a Madrid as gaivotas?) e de que son moitas, que non se nos fai un animal exótico, dá gusto velas así, na súa casa, as colonias pousadas polo día na lagoa ou as nais chamando polas crías (xa ben criadas) no alto dun penedo...

E as paisaxes son impresionantes, semellan esas postais de lugares moito máis lonxanos nos que apetece mergullarse a ver o que hai polo fondo... para a vindeira ocasión haberá que pensar en levar snorkel... e neopreno, que as augas caribeñas aínda non son :) (e eu irei á busca dunhas lentes de contacto para gozar da vista).

paraíso

De momento só vimos os peixes e os caranguexos dende a pasarela e tamén observamos como subía e baixaba a marea e que forza leva a auga cando está a subir ou baixar... non parece cando estás a pasar o día na praia. Ás nenas lles encantou.

Bueno, iso e todo o demáis: as tendas, a area no chan do camping, as lanternas de noite, a cháchara, a praia, as pedras, as cunchas, o camping gas dos veciños de atrás... "Mamá, ti querías ter unha cociña pequeniña como a deles para poder facer comida de verdade, a que si? Que sorte teñen, verdade?" :D

A Z. estivo un pouco nerviosa controlando "O barco do ratiño Pérez" (si, vimos a película, por iso sabemos que ten un barco) e estaba alí, pretiño do camping agardando,...

o barco do ratiño Pérez

... e tiña as súas razóns...

o dente

:D Quedou graciosa, va que si? Todo o día andaba co dente así. :)

Pasámolo moi ben, a verdade, pero sorte que puidemos ver todas as tendas de campaña do mercado expostas no camping por se un día decidimos investir nunha na que nos collan uns colchóns inflables e que se poida levar o coche cargado ata a entrada, que as nosas costas se resinten durmindo nas esterillas coa nosa idade... ou nós pensabamos que era pola idade, ata que unha das irmás maiores de Madro nos dixo que eles cando ían de montaña con tenda e nenos levaban unha manta desas que se levan no coche para poñer debaixo dos sacos. E nada máis. (Sabela, vós durmistes en China nun tren con camas ríxidas tamén, como se fai?) Bueno, a dicir verdade o peor foi o primeiro día, eu penso que despois o corpo se acaba afacendo.

Como sexa, nós gozámolo igual, e se non fose que chovía nos daba mágoa marchar... así que teremos que voltar.

colonia gaivotas

Aínda nos queda a terceira parte (nunca 15 días se vos fixeron tan longos, va que non?), se non queredes ver máis fotos aburridas de vacacións que non son vosas podedes voltar cando remate ;)

NOTA: gústame esta maneira de poñer as fotos nos mosaicos, podo poñer moitas fotos sen que parezan tantísimas (nesta entrada hai 24) e ademáis contan moi ben a historia sen palabras, non vos parece? Pero sospeito que tardan moito máis en cargar no blogue, é así? Tardades máis en ver as fotos así nos mosaicos ou cando van soltas? Se é así igual podo indagar máis para mellorar... ou poñer menos fotos :D

15 comentarios:

  1. Queres creer que eu nunca estiven nas Cies? o meu home é vigués e mesmo o meu fillo mais vello naceu alá, vivín en Vigo un tempo, e casi todos os meus amigos son de Vigo, e eu...nunca fun as Cíes.
    Todolos veráns repito a frase coma un mantra: eu nunca estiven nas Cies eu nunca estiven nas Cies...
    Sempre que tentei ir os meus vigueses decianme non, mellor ir en xuño, que hai menos xente...e así buscando o mellor momento, vai pasando o tempo, e eu nunca pisei as illas Cies...

    ResponderEliminar
  2. Pois vai! As visitas están limitadas, así que de bote en bote non vai estar. Mellor levar para comer, porque os restaurantes si que se enchen, pero merece a pena e é un paseíño, perfeto para pasar un día cos cativos, e ademáis precioso. Ide!

    ResponderEliminar
  3. A finde pasada estivemos en Ourense, e quedamos flipados o escoitar e ver as gaivotas, ainda que según me dixeron seica non é nada raro. Nas nosas vacacións en Marín na praia de Loira as gaivotas estaban pretiño da xente, como anécdota quero contar que un dos primeiros día que estivemos ali Ángel contoume que un día traballando en Burela subido nun tellado para desatarcar o canalón unha gaivota se volveu a el, colleu medo porque o bicho pasáballe rozando cada vez mais, e el tiña medo a que dunha das veces por esquivalo caese o chan o caso e que a gaivota atacabao porque enriba do tellado tiña o seu niño. Despois de contarme a anécdota unha cagoulle por riba :)) e dixo: O final voulles coller tirrria a estos bichos:))

    Mary

    ResponderEliminar
  4. Illas Cíes...paradisiacas!! aunque a lo largo de la costa gallega podemos presumir de tener unas playas impresionantes! Yo que estuve de vacaciones hace unos días en esa mi tierra y no me canso de maravillarme!
    Las fotos en mosaico están muy bien y a mi particularmente no me tarda.

    ResponderEliminar
  5. Illas Cíes queda pendente e máis ao ver as túas imaxes, encantoume a dos peixes! Xa che preguntarei ao próximo ano, teremos que pedir vez? Por certo que a cociña está moi ven pero sempre que non faga demasiado vento! http://www.todocoleman.com/product.php?id_product=110 a nosa, estrenada hai unha semana tm de caming por Asturias

    ResponderEliminar
  6. ains!! que lembranzas!! eu quero ir....

    ResponderEliminar
  7. Aproveito para presentarme. Coñézo o voso blogue dende hai pouco e aínda non vos comentei nunca.

    Estupendas as fotos, sempre. A min non me tarda a páxina en cargar polos mosaicos. Por certo, unha pregunta: ¿utilizas algún servizo para facelos dende Flickr? Eu ando probando un par deles, o MosaikMaker e o Picture2Life pero ningún me convence...

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  8. Tema fotos:o mosaico é do que máis me gusta.No blogue de "Casi en serio" con data de 31 de xullo do 2010 hai un exemplo se cadra moi esaxerado deste formato,pero queda moi ben
    PD:se soubera,mandaríache a referencia como link ...ou algo así... Todo chegará...

    ResponderEliminar
  9. Xa o visitei. Moitas grazas. Certo que esas composicións quedan fabulosas!

    ResponderEliminar
  10. Mary, pobre o Ángel :D Eu creo que se non houbese tantas as veriamos con outros ollos :)

    Virucha, grazas. Alégrame que puidesedes gozar da terriña :)

    Olivia! Canto tempo guapa! A ver se nos vemos algún día este ano, non? O que tiñan os nosos veciños era un camping gas, se chega a ver esta marabilla coido que non voltamos para a casa ;D E si, se queredes ir de camping hai que reservar con antelación, pero tampouco moita, nós ó final fixémolo o mes antes de ir e non tivemos problema ningún. Xa falaremos.

    Tia Lu!!! Vai! Pasámolo pipa, para o ano imos todos, con carriño e colchóns inflables ;)

    Montse, benvida, non coñecía o teu blogue, es unha artista!! Encántanme os teus quilts. os mosaicos, pois ó primeiro fíxenos co mosaic maker e aínda o uso algunha vez, tamén usei o picasa, pero non me gustaba que facía el a composición, e non podías escoller onde poñías cada foto, non sei se cambiou iso nas versións seguintes, estes últimos os fago co Lr que é o que utilizo para procesar e organizar as fotos. Sei que a xente usa o Ps, e seguro que ti has saber usalo, eu non me metín aí, a verdade. Os de Casi en serio fainos con Ps, pero dende logo levan máis tempo que cos servizos automáticos, claro.

    Lola, grazas polo comentario :)

    ResponderEliminar
  11. Guau, Calvi ten que ver esa cociña,é chulísima, un pelín cara pero sería a solución para evitar as súas dores de xeonllos cociñando no camping.....
    Tamén Antón e Uxía teñen que ver as fotos, o barco do ratiño Pérez... e a foto da Z é tan divertida...Antón anda cos dous de diante á voltas..."os desdentados"
    E Mary solidariedade con Angel..a Calvi cagáronlle no traxe nunha voda antes de entrar no Concello....cagan e cagan mogollón o PP sabe escoller símbolos :O)
    bicos....

    ResponderEliminar
  12. Cuando era pequeña pasé muchos veranos en Portonovo. Todos los años pasabamos un dia en las Islas Cíes. Era mi momento favorito de la quincena, mariposillas en el estomago desde la noche anterior :D
    Me has traido muchisimos recuerdos con tus fotos.

    ResponderEliminar
  13. Bárbara, qué ilusión que hayas pasado tus veranos tan cerquita de los míos! Y más aún traerte recuerdos :)

    ResponderEliminar
  14. Que ben! como me gustan estes post de vacacions! as fotos en mosaico encántanme, a min persoalmente tardanme menos en cagar e o resultado é ben distinto. Alegrome que descubrirades este pequeno paraiso :) Para o ano tocará Ons? ;)

    ResponderEliminar
  15. María, ogallá toque Ons para o ano, si! :)
    Teño que mellorar o dos mosaicos porque xa houbo dúas ersoas que me dixeron que se lles colgaba o navegador e non conseguían cargar a páxina. Teño que reducilos de tamaño porque pesan moito, pro terá solución, só teño que traballala un pouco :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir