miércoles, 17 de agosto de 2011

Crónica (fotográfica) das vacacións · Parte I

Estivemos uns días de vacacións polas Rías Baixas, non deixa de ser preto, pero hai que ver o que fai cambiar as rotinas e os lugares, verdade? Para nós foron unhas verdadeiras vacacións, desconectando de todo o que temos entre mans habitualmente e pasándoo tan ben que xa nos esqueciamos de volver ;)

Quedades avisados de que hai moitas fotos, pero son incapaz de escoller.

Que diferente é ás veces só...
...camiñarmos por rúas que non son as habituais

cangas agosto 2011

...ou pasear con outros cans por outros montes...

monte cangas agosto 2011

... ou só pasar o tempo nunha casa diferente á túa (e envexar a luz que teñen na súa casa a tía Rita e Madro)...

cangas casa agosto 2011

... e por suposto, ir á praia! E incluso que sexa visitando a alguén que hai moito que non vemos e que ten unha casa de luxo con porta directamente ó paraíso...

bueu agosto 2011

... e doutro paraíso vos amoso máis na segunda parte, queredes?

3 comentarios:

  1. Boas!!!xa facia moito que non entraba no teu blog, asi que hoxe me puxen "en hora"!!!
    O primeiro: encantame a colcha!!!!si k podes estar fachentosa!!!;) e preciosa!!!
    encantame a foto de Z. "escoitando" o alcalde e o gaiteiro!!!
    e por suposto, encantanme as fotos das vacacions!!vese k o pasastedes ben!!!:)
    Un besiño pa tos!!!vémonos en Chantada!!!!:)
    Muuuuuuuuuaaaaaa

    ResponderEliminar
  2. Claro que queremos!!! Xa me tarda ler e ver as fotiños da segunda parte. Son chulísimas e transmiten perfectamente o ben que o debestes pasar. Alégrome un montón. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  3. Grazas curmá! :)
    Agora a ver se dou comezado coa colcha da L. E aínda non rematei coas vacacións!! :D

    Grazas Sabela!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir