domingo, 24 de julio de 2011

Para unha nena que quere ser un neno

Convidáronnos a un cumpreanos no último momento, eu apenas coñecía á nena, pero sei que quere ser un neno, e que o día que a vin na súa casa estaba a xogar con "cochiños", eses coches pequenos que meus irmáns carretaban a todos lados de pequenos (e que os facían "chocados" meténdoos debaixo do canapé para que se abollasen :) ) así que me lembrei desta cousiña que vira hai tempo.

para os coches

para os coches 2

para os coches 3

para os coches 4

Como vedes imaxinación ningunha, pero un par de horas pola noite, con cousiñas que había pola casa e un agasallo único para o cumpreanos. Usar o que tés para facer o que necesitas :)
Non tivemos oportunidade de probar se cabían os coches porque aquí non hai moitas fans deles, pero coido que si, así que ogallá teña uso pola cumpreaneira.

3 comentarios:

  1. :O !! Un estuche carretera para los coches !! Que divertido :D

    ResponderEliminar
  2. Idni, la carretara no da para mucho, para salir de casa nada más, pero es estuche en sí me parece genial! Creo que a mis hermanos les hubiese encantado en sus tiempos :D

    Grazas Tía Nuna :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir