domingo, 17 de julio de 2011

Estaba no certo

A caída dos dentes marcou unha nova etapa, vexo escapar a primeira nena que coñecín para dar paso a unha segunda que irá pouco a pouco moldeándose, cada vez máis completa ata ser adulta, pasiño a pasiño.
Coido que as veces pensamos que os pequenos están tan lonxe de ser os adultos que algún día serán que pensamos que non son momentos tan importantes, pero estou certa de que se lle preguntamos a calquera nai ou pai con fillos xa adultos son quen de dicirche algunha faceta da súa personalidade que estaba aí xa dende ben pequeno... será que cando son adultos si vemos esas partes "adultas" de cando eran pequenos? Ou será que sempre os veremos coma nenos? Un pouquiño de cada, non? Porque a maternidade estanos chea de dualidades :)

E niso estamos, vendo cambios e intentando modelar, facendo entender a nosa maneira de pensar, as cousas que para nós son importantes nos nosos pequenos, sabendo que a nosa participación na súa vida será importante, pero só unha máis no mundo que as rodea... porque non nos enganemos, os cambios non sempre nos gustan.
Non nos gusta cando chega un día a casa realmente afectada porque lle gustaría ter moitos zapatos bonitos, novos e de todas as cores, como as nenas do cole, e custa facerlle entender a unha nena namorada das francesitas de moda que a rodean, que non está ben ter moitos zapatos que non se necesitan e que non cumplen distintas funcións, que se malgastan os cartos, os materiais, todo o que hai polo camiño e só para estar "bonitos" un par de días. Pero hai que atopar solucións intermedias e cambiar as lonas e as zocas que usabamos antes todo o verán por un par de francesitas (coa punta prateada, e brancas porque non había rosa) ó seu gusto e que non saen dos seus pés, día si e día tamén. Que sexan francesitas ou botas de montar é o de menos, o importante e o difícil é facerlle entender o consumismo que temos ó redor e do que moitas veces é difícil escapar.
Ou que apenas fale galego, nin sequera connosco, que lle preguntes e te decates de que ela nin sequera os diferencia (o que é bo porque sabes que é realmente bilingüe), pero que saiba que o castelán lle gusta porque é o que falan todos :( e temas que realmente acabe morrendo o galego nas nosas bocas.
Ou a indignación e as carreiras arriba polas escaleiras nos enfados que lle doen adentro...

Pero hai outros cambios que nos gustan, claro: escoitala falar de ir ás casas dos amigos ou convidalos á súa casa SEGUIDO e pensar en todas as veces que nos dixeron aquelo de que estaba moi enmadrada, que o ía pasar moi mal para separarse de nós, que tiña que socializar... e cando lles chega o momento, e sempre chega, sabemos que fixemos as cousas "non tan mal".
E entón chega ese momento no que realmente ves que pasa unha etapa e un día ves que ó marchar de casa de algún dos seus amigos ou amigas cambiou a eterna e irremediable discusión de levar emprestado un xoguete que non é seu por... quedarse a durmir.

Aí a está, a seguinte etapa da súa nenez chegou.

Por sorte, as cousas van cambiando ós poucos para darnos tempo a nos afacer así que a mesma que pide por durmir na casa dos seus amigos non durme soa todas as noites (a nosa vida nocturna case é máis activa que a diurna, pola mañá cada día é unha sorpresa, nunca sabes en que cama te erguerás nin con que compaña :) )
E aínda nos saca no medio dunha comida familiar á busca de elefantes polo monte arredor do restaurante

buscando un elefante

E se divirte indo ó parque a enredar nas randeeiras

:)

E nos sorprende un día, despois de dicirlle que un pétalo enganchado nunha espiga semellaba a mota onde viven os "quien", apañando moitas "motas" para chegar a casa e sorprendernos con este artiluxio, intentando escoitar os homiños que viven dentro e enfadándose cando lle respostas que ti si escoitas a un músico tocando a gaita e ó señor alcalde "coa imaxinación".
- Coa imaxinación non!!! De verdade!! Eu quero escoitalos de verdade!

Olaaaaa? OOOOOOlaaaaa!

Mamá, ti escoitas algún quien?

E aquí estamos, indo, medrando :)

6 comentarios:

  1. en cousas moitas das cousas que contas parece que estas a falar da familia dos carrouchos. XD

    ResponderEliminar
  2. huy! Que melancolìa. Ciertos esos detalles en los cuales te fijas cuando tus hijos van creciendo...
    Pero tranquila que los valores que tú le enseñas ahora volverán....ya verás.

    ResponderEliminar
  3. anavilat, si que paasa iso, eh? :)

    virucha, algo quedará :) Gracias

    ResponderEliminar
  4. fermosisimo , tiven a sorte de acompañar este ano a un primeiro curso e a descripción que fas desta etapa é moi acaída. Ábrese un mundo novo, comezan a ollar o mundo dende a o seu propio prisma, agora tócanos a nos sabelos acompañar.Bicos

    ResponderEliminar
  5. Dá gusto vela, chea de vida... Parabéns por este agasallo fermoso que é ter unha filla feliz. A min tamén me proe ás veces decatarme de que a Terremota é tan "ela mesma" que se alonxa do que eu soñaba que sería.

    ResponderEliminar
  6. Carolina, e parece que esteamos desexando que chegue o momento de acompañalos e resulta que non é tan doado :) Grazas por pasar.

    Maxiavida, así, tan ela mesma :)
    Grazas por vir, dá gusto saber que andas por aí.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir