viernes, 8 de julio de 2011

A colcha. Fin!!!

O que estabades agardando! Por fin rematadiña e colocada na súa cama!

rematada 1

rematada 2

rematada 3

:))))
Quedou taaaan bonita, estou tan fachendosa do que fun quen de facer eu soíña (bies e todo :P) que non puiden evitar poñer este tostón de entradas coa evolución da colcha, pero prometo non facelo máis (X dedos cruzados).
Por certo que no libro á colcha aínda lle quedaba un paso máis, atar con fíos en cada esquina e cada medio dos lados dos cadrados e tamén nos centros, e ata mercamos un "precioso" fío rosa (por suposto) para facelo, pero convencín á Z. para agardar ata o inverno porque me gusta tanto así que me daba mágoa poñerlle os fíos... a ver se pode quedar, por se acaso non vou usar os fíos noutra cousa de momento.

A ver se adiviñades o seguinte que teño en mente facer agora...
Non, a colcha da L é o segundo que teño en mente facer agora, teas e cores seleccionadas e un modelo distinto do mesmo libro.

futura da L

O primeiro que quero facer é unha especie de faldón para tapar ese somier pelado co colchón envolto en plástico que hai debaixo! :D

12 comentarios:

  1. pero que mans tes nena!! uau!! estasme dando ganas de facerlle botar fume á miña máquina do lidl ata reventala :D

    ResponderEliminar
  2. Me encanta!!!!te ha quedado genial!!!un besiño!!!

    Fdo. Sira

    ResponderEliminar
  3. que ben che quedou!!!!! estas feita unha artista!!!!
    Mil bicos.

    ResponderEliminar
  4. ¡¡Madre mía!! ¡Te ha quedado impresionante!
    ¡Eres una artista!! :)))
    Enhorabuenaaaaaa

    ResponderEliminar
  5. Que satisfacción poder ver tu trabajo terminado !! Te quedo muy bonita :D Felicitaciones !!

    ResponderEliminar
  6. Por certo, se tes pensado facerlle un cubre canapé a cama da Z eu aconselloche que o metal do somier lle poñas velcro macho e cosas na peza velcro femia pois se o fas cubrirdo o somier enteiro despois cando fagas a cama movese e é un auténtico lio ainda que lle cosas unhas tiras de tea para atar as patas movese igual. Non sei se me expliquei... normalmente fago moi mal XD
    Bicos de mel.

    ResponderEliminar
  7. Enhorabuena!!muy bonita. Admiro tu paciencia, yo jamas podría hacer algo así ya que tengo que ver las cosas acabadas de un día para otro!!

    ResponderEliminar
  8. Comorrrr??? O.O
    tu haces eso??????
    Que maravilla Raquel!
    Bicos!

    ResponderEliminar
  9. Bo traballo,as pícaras teñen que estar moi orgullosas da súa mamá!

    ResponderEliminar
  10. Marcela Gracias!

    ...triz, pois xa sabes, ata que estoupe, así igual che devolven a outra, non? :P

    Sira, grazas!

    anavilat, grazas! E coido que si que entendín perfetamente o que dixeches, agora falta ver se me poño a elo... teño que atopar unha tea para poñer aí, e non podo meter máis retallos :D

    El Telar de Ixchel, viches o que fun quen de facer, aix, e que non o creo nin eu :))))

    idni, no sabes cuánto! Aún me parece increíble que la haya hecho yo solita :)

    Virucha, a mi también me pasa eso normalmente, pero es cuestión de encontrar algo que realmente te apetezca hacer, y yo estaba muy motivada para hacer esta :)

    Meisi, Síiiii, bueno, no, yo no hago eso, yo hice eso por primera vez en mi vida y estoy super orgullosa :)))))) Muchas gracias!

    Lola, grazas! As mamás sempre somos as mellores, aínda sen coser un botón :)

    ResponderEliminar
  11. Non me extraña que esteas fachendosa... que bonitura de colcha... levo seguindo o proceso, porque xa dende o comenzo fascinoume... e acabachela, e non te levou tanto... eres un xeniaaaa. Parabens

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir