miércoles, 6 de julio de 2011

A colcha. Fase 3

A fase 3 da colcha consistía en facer a traseira. Usei un retallo que marcara tempo atrás e que resultou perfeto: 10 metros de tea duns 80 cm de ancho e unhas tiras de tea amarelas coas que unín a outra.
Unha vez falaba con Tía Rita de que o bo de comezar a facer algo é que sen decatarte tes a casa ben provista, e creo que iso me gusta especialmente, ir collendo teas con idea de facer algo concreto e que me quede un retallo ou porque me parecen bonitas e que lles podo dar bo uso e atopar que cando quero facer algo teño na estantería cousas que poden valer.

Ademáis decidín poñerlle unha capa máis de recheo, e como a boata é de 1,50 de ancho primeiro tiven que unirlle un anaco para chegar ós 2,10 e ter preparado o paso seguinte.

fase 3.2

fase 3.1

Efectivamente como pensaba manexar cantidades de tea tan grandes é bastante incómodo, pero vaise facendo. Seguramente tamén porque teño unha máquina de coser nova, a anterior (ou anteriores máis ben) servíronme de moito, animáronme a usar unha máquina sen medo e sen medo tamén a non usala nunca máis, estragáronse varias veces pero as cubriu a garantía, pero agora unha delas (a da Avoa Olga) estaba xa metida na caixa agardando por un amaño e a outra comezaba a dar sinais de que o necesitaba tamén e cando fun preguntar resultou que custaba tanto amañala como mercala nova e que sabía que se ía volver estragar ó pouco, así que decidín investir algo máis e (agardo) ter unha máquina boa. De momento a diferencia é enorme, pero coido que iso non sería moi difícil vindo dunha Lervia do Lidl, non?

Xa está todo listo para a fase 4.

fase 3.3

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir