jueves, 9 de junio de 2011

... e 36!

o último

Por fin!!! Este foi o último cadriño dos 36 que fixen finalmente para a colcha da Z. Nótase que é o último, sobre todo se os miras todos xuntos, porque ten menos teas que os demáis, podíame a impaciencia :)
Algún anaco mercado, restos doutros proxectos, un retallo que nos deu a avoa Carme, outros da avoa Olga, o resto dun vello coxín e a tea da bandoleira que me fixo a avoa Marilde e na que levei á Z. primeiro e despois á L. Ese é o último cadriño da colcha.
O derradeiro dos 36.

36

Cando comecei a colcha a verdade non pensei en nada, me dicía que me levaría moito tempo, pero só vía o traballo de facer os cadriños, e canto máis me achegaba ó final máis ganas tiña de chegar. Ademáis tivo dous finais, xa vos dixera que non tiña moi claro se facela de 5x6 ou de 6x6 porque non me facía á idea do tamaño, pero cando cheguei ó cadro número 30 me decatei de que o mellor era facela máis grande, os cadriños miden 35x35 cm e as camas que temos son de 105cm, así que só sobrarían uns 35 cm de cada lado ó facela de 5x6… non quería recoñecelo, pero tiña que ser máis grande. O bo foi que tiña tantas ganas de chegar ó novo final que fixen os cadriños que quedaban nun tris.

Cando a comecei non pensei máis que en facer os cadriños, é agora que cheguei ó final que me decatei de que este non é o verdadeiro final, en realidade é o final da fase 1: facer 36 cadriños.

Agora sei que me quedan por diante unhas cantas fases, a saber:

Fase 2: recorte de cadriños a 35x35 + 1 cm de marxes para costuras, unión dos cadros en filas, planchado de costuras, unión das filas en colunas, planchado de costuras.

Fase 3: Preparar parte traseira (aínda non sei nin a tea que utilizarei)

Fase 4: Facer o bocadillo (noutros mundos lle chaman sandwich ;) ) de traseira, recheo (decidín poñer unha capa máis de boata porque co acolchado cada centímetro que leva o recheo se queda en nada) e cadriños e hilvanar ou poñer (e polo tanto mercar antes) imperdibles e acolchar de novo pasando coa máquina polas costuras dos cadrados (e me poño nerviosa só de pensar en manexar semellante cantidade de tea… bufff, a ver que pasa)

Fase 5: colocar bies (e mercala ou fabricala antes, oh, non, fabricala?) no borde e rematar a man (e isto de rematar á man unha colcha cun perímetro de 8,40 m non o convirto noutra fase máis para que pareza que falta menos)

FIN


Tendo en conta todo isto e que xa levo un mes pensando en comezar o da L. creo que rematarei esta dentro dun par de séculos.

Pero como isto é moi aburrido, imos ver outra cousa, mentres eu matinaba todo isto co meu montón de cadriños diante a L., atrás miña, estaba así :)

backstage

Pero unha vez coloquei os cadriños no chan… comezou a diversión!

diversión

Coido que vai ser un dos lugares preferidos de Olivia cando estea rematada

a Olivia tamén lle gusta

Esta foto é horrorosa, pero me gusta igual porque están a L, os caracois, Oli debaixo da estantería, a guitarra e case case collen os cadriños

o caos

Si, filla, si, a tola da túa nai volve estar subida no alto da silla coa cámara :P

outra vez aí?

Xa vos contarei se algún día acabo e non rompo antes un brazo caendo dunha silla plegable en equilibrio inestable :P

9 comentarios:

  1. preciosos los cuadraditos y preciosa va a estar la colcha!

    yo me he caido muuuuuchas veces ya por "jugar a la equilibrista" ja!

    saludos!

    ResponderEliminar
  2. me encanta, me encanta..... ¡¡¡ es preciosa.... y sin acabar jiji¡¡¡ las fotos muy bonitas también como siempre...

    ResponderEliminar
  3. Te está quedando de 10!!! me encanta hasta sin terminar!
    Mira Olivia, que presumida! totalmente conjuntada con el cuadrito :)

    ResponderEliminar
  4. ¡Qué trabajazo! pero son fantásticos y seguro que ha valido la pena. Ya nos enseñarás el resultado final!

    ResponderEliminar
  5. Gracias chicas! A ver si no la estropeo en lo que falta! :P

    ResponderEliminar
  6. Adoro las colchas de patchwork y esta tuya tiene una pinta genial, seguro que terminada es tan preciosa como aparenta. ;-)

    www.todomundopeques.blogspot.com

    ResponderEliminar
  7. Pilar, Cris, no sé si es orgullo de madre (de la colcha), pero a mí me está encantando, ya os la enseñaré ;)

    Rosa, obrigada por vires á minha casinha, e que honra que ti a chames linda! :) Amosareicha cuando fique rematada

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir