lunes, 13 de junio de 2011

Consolando (me)

O outro día estabamos a piques de nos deitar cando chegou o papá Moucho. Subiu ó cuarto onde estabamos coa cerimonia dos pixamas e eu non puiden evitar contarllo:

- Perdín o meu lunar :(

Mentres lle explicaba como o perdera nun accidente facendo algo estúpido conscientemente a lea na que as pequenas andaban metidas desapareceu sen decatarme.
Incríble como se lle pode ter aprecio a unha simple marca, verdade? Bueno, ou non tan simple, no mesmo sitio que a tiña eu a avoa Olga e máis a L. teñen tamén o mesmo lunar...

O caso é que cando me quixen dar conta a Z. me miraba con bágoas nos ollos e atopeina intentando consolarme:

- Mami, pero eu tampouco teño ese lunar, e ademáis eu quería ter o pelo coma ti e non o teño o teño, téñoo así,... non pasa nada

22052011-IMG_3300

Eu non chorara, nin fixera demasiado énfase na importancia do lunar, pero ela captouno perfectamente, decatouse de seguido de que era algo importante para min e non quería que estivese triste.

- Z. estou triste porque era unha marca que tiven dende que nacín, porque me facía sentir ben compartila coa avoa e a vou botar de menos, pero se me pasará, non te preocupes, hoxe estou triste, mañá estarei un pouco menos triste, despois un pouco menos e cando me dea conta xa só me lembrarei del de cando en vez. Ás veces nos sentimos tristes, pero hai que darlle tempo para que se pase.
Grazas.
:)

Ás veces faltan momentos nos que ter conversas de adultos sen a presencia das pequenas, pero se cadra esta non era unha delas, porque dela aprendemos todos, porque as súas pequenas tristuras que intentamos tapar con "non pasa nada", igual que a Z. o repetiu comigo, para elas son importantes, é certo que non pasa nada, pero todos temos dereito a sentirnos mal, aínda que se acabe pasando...

22052011-IMG_3299

Vedes que grande está? Esa empatía... con algo tan sutil... :)

3 comentarios:

  1. Cuanto me ha emocionado este post! lo he releido varias veces porque me ha parecido tán tierno, simple pero a la vez lleno de matices...Que niña tán perceptiva!
    Y te entiendo en cuanto al lunar, yo tambien comparto uno pequeñito en el mismo lugar que mi hermana, cuando eramos pequeñas se destacaba pero ahora al tener más lunares pasa un poco desapercibido.

    ResponderEliminar
  2. Que riquiña a Z. Seguro que fixo que te sentiras un pouquiño menos mal ;) Un biquiño e moito ánimo, aínda que "algo pasa" seguro que o levas da mellor maneira.

    ResponderEliminar
  3. Graciñas Virucha e Sabela :) gusta saber que hai cousas que son algo por pequenas que sexan e que se poden compartir :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir