jueves, 30 de junio de 2011

Comedeiro

Levamos un par de anos con intentos intermitentes de facer un comedeiro para paxaros afora... puidemos poñernos a construir un en serio para que o alpiste non saia voando, ou se molle coa chuvia,... pero en troques diso poñiamos un cacharriño endeble en calquera parte en fronte da fiestra para poder ver os paxariños, e tamén nos faltaba poñer pousadoiros preto del para poder velos ben e facerlles fotiños... Non conseguimos nada, non vimos nunca un paxaro comendo deles, supoño que porque non os mantivemos o tempo necesario.

Esta semana a Z volveu poñer esta vez unha caixa dos monecos chea de grans na mesa que temos fora, e non vimos nada, pero coa calor que fixo a finde e os baños descubrimos...

birds feeding

... que o seu comedeiro era o noso compostador :)

Só vimos pardais, non sei se haberá algún máis que entre a comer alí, a mágoa é que non se ve dende a casa porque imaxino que nio inverno, coa calorciña que hai dentro estará aínda máis concurrido. Igual podemos mudalo de sitio :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir