martes, 28 de junio de 2011

Benvido, verán

Agardabamos que chegase o verán e poder poñer os vestidos, e os pantalóns "de manga curto", como lles chama a L. extrapolando das que chama polo seu nome "mangas curtas" das camisolas.

Tiñamos moitas ganas, e por fin rematou o cole e chegou o San Xoán para celebrar, con pantalóns curtos ese mesmo día... ata que nos achegamos á festa e tivemos que mandar ó papá Moucho de volta a casa a por polares, pantalóns longos e roupa de inverno que xa retiraramos dos armarios, que frío!!! Saín da casa pensando que sería unha esaxerada levando roupa de abrigo se estabamos no verán e ademáis ía haber lume coa fogueira... pero o verán non se decatou de que xa chegara e a fogueira quentou pouco tempo e tarde... sorte dos abrigos.

Pero o caso é que as nenas o pasaron xenial pola tarde,

san xoán 4

e logo xa entrando na noite o pasamos ben tamén os máis grandiños e por suposto logo veu o lume, para atraernos a todos, para xuntarnos, para queimar desexos, para quentarnos, para celebrar que temos todo un verán por diante.

San Xoán 6

San Xoán

E seica o verán se animou a vir ó ver o lume, porque por fin puxemos as sandalias e os vestidos e estreamos a temporada de baños á calor do sol...

Calor

Así que benvido señor verán, estabámolo agardando.

(e si, iso que vedes é a colcha, falta tan pouquiño :))) )

5 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. ¡Qué nenas mais lindas, qué fotos mais boas! O verán aquí neste recuncho do oriente galego quenta de mais, así que cando lin que as noites por ahí caen frescas deume moito gusto. Boto de menos poder por unha chaquetiña cando cae o día. Saudiños logo.

    ResponderEliminar
  3. Preciosas fotos! Me cuesta un poco leerte en gallego, pero te sigo desde hace ya un montón de tiempo. Besos!

    María

    ResponderEliminar
  4. Gustannos, eu boto de menos esas noites sen chaqueta, pero é certo que os días só valían para folgar na casa ás escuras ou folgar fora preto da auga... non se pode ter todo :)
    Sempre podedes vir por estas terras, aínda que o do outro día era moito, non era unha chaquetiña, foron os plumas de inverno!

    tipitapa, gracias por comentar!! Por seguirnos y por hacer el esfuerzo de leer en gallego :) Hace un tiempo puse un traductor en la columna derecha, no deja de ser automático pero va bastante bien, por si te ayuda un poco ;)

    ResponderEliminar
  5. o quiero venir a hacer fotos de esa luz.... (bueno, y a conocerte in person, claro, y a que me adoptes, jaja!)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir