martes, 3 de mayo de 2011

Un par de saias rápidas

saias 8

Antes de marchar de vacacións a Z. pediu poñer unha saia, temos algúns vestidos pero ela quería unha saia, e ademáis a min me parecen máis usables, se vai frío cuns leotardos ou mallas e se vai calor sen nada e cambias a parte de arriba de manga longa ou xersei a manga curta... bueno, iso e que a Z. non acaba de asumir que os vestidos non hai que quitalos enteiros coma os pantalóns para ir ó baño, así que sempre é mellor baixar unha saia que espirse enteira.

E xusto esa fin de semana estivemos cos avós Moucho e a avoa carme nos deu algunha tea (preciosa) e algún retallo que tiña pola casa xunto a unha chea de panos de man de tea que estaban sen usar e ós que lles daremos bo uso :) Entre elas estaba unha saba dun tamaño estraño: demasiado pequena para unha cama incluso de 80 e demasiado grande para un berce, a verdade é que a procedencia da saba era un misterio. Ó primeiro resistíase a amosarma porque dicía que non valía para nada con esa cor tan fea, pero a min me encantou nada máis vela, "laranxa butano"... a verdade é que a saba era bastante curiosa porque ten uns cantos aniños e non é unha cor moi habitual para a roupa de cama por aquel entón.

Bueno, o caso é que aproveitei a saba para facer unha saia sinxeliña, un rectángulo de tea e outro pequeniño para a goma da cintura, aínda así, por querer aforrar traballos cometín un pequeno erro e a goma quedou algo froua, pero agora xa o parendín para a próxima: non todos os atallos son posibles ;)

Foi tan rápido e tan gratificante que enseguida me puxen a facer outra para a L., que despois de dous anos sen querer poñer uns leotardos nunca e non poder usar os vestidos que tiñamos, agora é prácticamente o único que quere vestir. Ía facela coa mesma tea (isto de ter teas na casa é un perigo) pero por sorte a Z. me avisou enseguida: "Non quero que sexa igual que a miña!". Así que escollín outra tea da que tiña en cantidade e me lembrei da market skirt. Eu non puxen os petos por impaciente, teño que confesalo, pero me encanta igualmente e é moi rápida de facer.

Quixen facer as fotos antes de que quedasen enzoufadas en chocolate, terra e outras cantas historias máis.

saias 9

Pero inevitablemente as saias deixaron de ser as protagonistas :)

Collage saias 1
Collage saias 2
Collage saias 3

e despois fómolas estrear ó parque, xa estaban retratadas, a pasalo ben e mancharse moito ;)

saias 5


(e agora un secretiño: sempre quero facer fotos das cousas colgadas nas perchas, pero na nosa casa non hai un só sitio onde colgalas! Algunha vez o fixen nunha cadeira, outra vez no alto dunha porta... e o outro día non sei cómo saiume isto para poder colgar as dúas :D

saias 6

Un anaco de cinta bies dun caixón e atado no que había preto, sen pensalo e improvisado totalmente saiume bastante ben... pero creo que seguirei facendo as fotos da roupa estirada sobre unha cama sen facer, que aínda é máis rápido :D)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir