martes, 31 de mayo de 2011

Estrea

O sábado pasamos unha tarde xenial, diferente, divertida e de estrea... fomos escalar!!!

A min parecíame que á Z. lle ía gustar e uns amigos se prestaron a facernos a estrea nunha parede que pasaron a preparar todo o inverno para que os cativos puideran pasalo ben :)

preparando

Catuxa aprendeunos que para asegurar o arnés úsase un nó que se chama oito

o oito

e que para que nos agarre ben ten que estar ben "peiteado"

o oito ben peiteado

Tamén que nos pes se poñen uns gatos, aínda que o nome completo é "pes de gato" e que o que asegura e queda abaixo ten a corda amarrada nun gri-gri, ó que todo o mundo chama "grilo". E que é moi importante a seguridade, así que ben provistos de casco, ben atados e ben asegurados os pequenos se dispuxeron a escalar.

A Z. levaba moitas ganas, pero dixo que subía de segunda (entre o medo, os nervios e a emoción), primeiro subiu un dos porfesionáis e puido observalo e despois xa foi ela toda disposta.

escalada 1

Foi moi ben a cousa ata que se decatou de que tiña que baixar, e a pesar de que xa llo explicaran antes de chegar arriba e xa o practicara, non as tiña todas consigo de que aquelo non se viñese abaixo, así que o Jaime tivo que ila rescatar :)

Despois se animou a L., subiu pouquiño pero sen medo ningún, non hai fotos porque quería que quedara pretiño, pero acabou axiña porque se desequilibrou e non deu posto a man para apoiarse na parede, así que caeu contra o brazo e se asustou… cando a collín xa ría e dicía que quería volver subir .

A L preparada

Lista

A Z animouse a subir de novo e esta vez xa lle perdeu o medo á baixada, camiñou de lado pola parede, deu saltiños como lle vira facer a un dos pequenos expertos… e se ten tempo creo que bota o día enteiro subindo e baixando, grazas que tiñamos preto uns gatiños pequenos que ir visitar para poder marchar dalí sen reproches.

a segunda

Houbo un par de incentivos extra para perder definitivamente o pouco medo que houbera:

Un foi o lagarto Pepe, que toda a tarde nos observou dende o alto e o que a Z quería subir ver.

o lagarto Pepe

e o outro foi…

eu tamén :)
(foto de Jaime)

ver subir a mamá!! (si, a min tamén me fixeron estrearme, e menos mal que había pedriñas preparadas para que subiran os nenos, glubs, :D)

Pero os que de verdade daba gusto ver eran os expertos

os expertos

experta

Grazas amiguiños! Que ben o pasamos! :)))

5 comentarios:

  1. buenisimo! yo tengo que llevar a mi hijo mayor que le re gusta!

    1saludo

    ResponderEliminar
  2. Grazas a vós por compartir con nós unha tarde tan emocionante!!!xa sabedes que cando queirades volver alí estaremos. Mesmo se lle colledes gustiño podemos ir a outras paredes máis complexas vale???? Biquiños e grazas polas palabras bonitas.

    ResponderEliminar
  3. Hai un tempo que vos sigo,non lembro ben como dei con vos, pero dende hai case 2 anos que naceu o meu neno empecei unha búsqueda que me levou tamén ata o blogue dos tartarouchos e quedei por aqui, porque está cheo da tenrura que poñen a L. e a Z. e a mirada e as palabras da sua mai. Grazas y bicos.

    ResponderEliminar
  4. ola Tartaroucha..... me encanta.... donde é a escalada.... os veo moi preparados... conta conta....
    Eu por fin lanzeime a colgar o meu blog.... pasoche o link para que deas unha volta ainda que esta todavia moi verde... espero ir dandolle formilla co tempo....
    http://dosmas2.wordpress.com/
    Un bico

    cris

    ResponderEliminar
  5. marcela, sí, llévalo, seguro que se lo pasa bien!

    catuxa, iremos, iremos, ata onde faga falla ;)

    gustannos moitas grazas por falarnos e con palabriñas tan agrimosas!

    Cristina, a escalada non é cousa nosa, todo o material é duns amigos, incluída a parede ;) Noraboa por animarte co blogue! Nos lemos logo

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir