lunes, 2 de mayo de 2011

De celebracións

A semana pasada hubo dúas celebracións:

- O cumpreanos do papá Moucho

Parabéns!!!

feliz cumpreanos reino

cumpre moucho

Fixemos unhas tarta que probaramos unha vez na casa da avoa Olga e resultou ser un exitazo, ata a Z. a comeu e dixo que quería unha así para o seu cumpreanos… a ver se non cambia de idea deica aló.

- E o día da nai
O certo é que o día da nai non foi unha celebración moi especial, pero despois dun sábado tormentoso ter un domingo tranquilo as tres xuntas se goza o triple.
A Z. fixo este colar (imaxino que coma a metade dos nenos do país) no cole e chegou o venres querendo amosarmo sen que o soubese a profe "porque hai que abrilo o domingo. Pero facemos unha cousa: abrímolo agora para que vexas o bonito que é, e te sorprendes un pouco, e o volvemos gardar, así o domingo podes abrilo de novo e te sorprendes moito, vale?" Vale :)

día da nai
día da nai 2

Tamén fixo estas fotos porque estaba eu moi guapa co colar seica, así que hoxe púxeno de novo, porque o día da nai é tódo-los días, non? :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir