lunes, 23 de mayo de 2011

As cereixas

Estaban tan bonitas porque o avó José Luis as colleu e o Moucho e máis eu...
... as lavamos

lavando

... as secamos

secando

... e as separamos por grao de madurez en dúas caixas

cereixas 3

E con ese ferriño que vedes, que nos fabricou o avó José Luis nun momentiño, ó chegar á nosa casa desosamos unha das caixas para facer marmelada (e gardamos os osos para facer un saquiño deses de sementes para dar calor)

desosadas

O único é que a marmelada non saíu moi ben desta vez, e máis ben quedou un xarope de cereixas? cereixas en almibar?

Coido que mañá abrirei de novo os botes e os cociñarei un pouco máis, a ver se así endulzamos un pouco o día...

5 comentarios:

  1. Ola! Que ricas!
    Pois mira, os rabos das cereixas pódelos secar e gardar para facer infusión para cando doen os ovarios. A miña avoa recollíaos e preparábame unha auga fervida con zucre e rabos de cereixas cando eu andaba mala. E funcionaba! Aínda que igual era polo cariño que lle puña.
    Un bico e noraboa polo blog. Son fan, e estando en Barcelona axúdame a seguir en contacto con Galicia!
    ;-)

    ResponderEliminar
  2. Que ano máis bo de cereixas estamos tendo, eh? Nos chegamos onte da aldea cargadiños. Di a miña tía que os paxaros non daban abasto comendo nelas, outros anos nin as nós nin as probabamos.
    Entre amorodos e cereixas ímonos poñer coma o quico!
    Biquiños!

    ResponderEliminar
  3. PARABÉNS POLO BLOGUE, GOSTAME MOITÍSIMO!!
    ENCÁNTAME O APARELLIÑO PARA QUITAR OS ÓSOS ÁS CEREIXAS, PERO DEBO ANDAR UN POUCO ESPESA PORQUE NON ME DOU CONTA DE COMO SE UTILIZA....


    RO...

    ResponderEliminar
  4. ¿Cómo empleas los huesos para los saquitos de calor? gracias...

    ResponderEliminar
  5. Alicia, que cousas! A min sóame dalgún dito relacionado con comer rabos de cereixas ou algo así, facendo alusión a que non cunde nada, pero haberá que indagar isto das infusións :)

    Anisor, si, aquí tamén temos unha chea de amorodos, ñam! :)

    Ro, pois é un simple ganchiño afiado e do tamaño do oso, así que quitas o rabiño e polo buratiño metes o gancho ata o final do oso, enganchas e tiras, e tachán!!

    BettyS no los he hecho nunca, pero planeo dejar los huesos fuera para que se vayan limpiando, pero donde no les llueva para que pierdan humedad, veremos como va el experimento, si no habrá que lavarlos :P Y después no hay más que meterlos dentro de una tela y cerrarla, y cuando se quiere usar se mete unos minutos en el microondas y ya está! Como cualquier otra bolsa de semillas :)
    Espero haberte ayudadao.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir