miércoles, 4 de mayo de 2011

5 anos 4 meses e 4 días

Cando a Z. cumpriu os 5 anos xa andaba nerviosa a mover un dos seus dentiños de abaixo que, efectivamente, semellaba que quería comezar a abanear, xa vira que a outros amigos selle caían os dentes e estaba desexando que lle chegara a ela o momento, incluso sen saber da existencia do Rato Pérez. Tres meses despois o movemento era tal que todos pensabamos que calquera deses días sería o día.

dentes

Xa hai un mes que todos viamos caer "hoxe" ese dente ou o veciño, e así cada día, incluso houbo un momento en que sen querelo se me viñan ideas á cabeza de como podería caer ese dente... que impacientes somos os maiores. A Z. tiña unhas ganas enormes de que lle caese, e aínda así apenas o movía polo medo a que lle sangrase ou lle doese moito. Xa lle asomaba un bo cacho do dente novo por atrás, debería caerlle, eu insistíalle en que o movese un pouquiño cada día, sen mancarse, só xogando con el, coa lingua ou amosándolle a alguén como se lle movía, pero a ela non lle facía moita gracia. Está a pasar unha época de pánico ó sangue e xusto hai pouco a unha compañeira do cole lle caeu un dente na clase " e lle sangrou moito, mamá, a min vaime sangrar moito?". Pobre.
Hai algo máis dunha semana, nun deses hoxes que pensabamos que a caída do dente era inminente decidimos retratalos como vedes enriba, e mais facer unha bolsiña porque a Z. veu preocupada onda min dende o andar de abaixo mentres eu estaba a coser enriba: "Mami, pero e se o Ratiño Pérez non atopa o dente debaixo da almofada? E se cae? E se non sabe en que sitio está? Porque a almofada é moi grande e o ratiño é moi pequeno... " Entón lembreime de que a amiga Cris G. lle fixera unha bolsiña a súa A. para que non se perdera baixo a almofada, así que llo dixen á Z e foi correndo coller unha das teas que estivera recortando dos mostrarios un pouco antes: "Pois esta, fai unha bolsiña con esta". E fixémola, á segunda, iso si, a primeira era moi axeitada para o tamaño do dente, epro meter os dedos dentro para collelo era tarefa imposible incluso para a Z. ou para o Ratiño Pérez. Escolleu un fío entre uns que tiñamos a man e a deixamos no cabeceiro da cama agardando o momento de lle caer o dente. "E se me cae pola noite e non me entero? E se non o podo poñer debaixo da almofada o Ratiño non vén?"

a bolsiña

E hoxe, ocorréuseme facer de novo un bocadillo dos de verdade, con pan do que hai que ripar por se hoxe se atrevía a comelo de novo... e para a miña sorpresa non puxo pega ningunha. Fomos ó parque e, iso si, eu vía que o bocadillo lle ía durar un par de eternidades, e de súpeto, veu correndo onda min, cos ollos moi abertos e o dente na man, contenta, nerviosa, emocionada, sen saber se abrir ou pechar a boca, sugando o pouco sangue que brotou.
Gustoume tanto que pasara así, que o vivise ela soa, pero ben acompañada, que fose no parque, que todo o mundo a felicitase, que ela se sentise orgullosa, que se pasease o resto da tarde co dente na man amosándollo a todo o mundo, que vencese os seus medos, que quixera chamar ó papá para contarllo (e despois ó chegar á casa o resto de familiares e amigos :D)... e entón pensei que este era un cambio importante, últimamente medrou, a xente o nota e non fan máis que dicírnolo, e non só medrou por fóra, tamén por dentro, realmente o é, coido que é o momento no que deixa definitivamente de ser a miña bebé, chega a outra etapa e eu me sinto tan ben de que o cambio fose así... ogallá todos os momentos de cambio importantes da vida (e non fago máis que pensar nun con tantas semellanzas e do que tan poucas veces nos sentimos orgullosas as mulleres, para non variar) os poida vivir igual de ben, con tanta ilusión, tan emocionada, tan acompañada, tan valente... :)

o primeiro
(o chegar á casa lle propuxen facer unha foto co seu novo sorriso, lle dixen que mellor iamos fóra que había máis luz, pero a primeira foto que tirei tiña un dos parámetros sen axustar, saiu escura e llo dixen, para esta segunda ela cambiou de lugar e me dixo: "Mamá, aquí hai mellor luz, non ves? Faima aquí." e tiña que facer "esta foto aí" porque ademáis acababa de facerme ver que o aprende comigo)

Hoxe me sinto máis orgullosa se cabe e me emociono coa miña nena, que neste día é aínda máis "grande".

A ver que lle trae o Ratiño Pérez... :)

6 comentarios:

  1. Que bonita entrada, Raquel!!! Emocionante. É estupendo vivir así os cambios...
    Deixasme contarche un recordo que se me vén á cabeza? Á miña nena maior veulle a regla hai seis meses, nese momento ela estaba na casa e eu non :( pero recibín a noticia cun sms e, desde entón, borro as mensaxes do móbil dunha en unha para gardar esa... Por suposto, metinlle un agasallo debaixo da almofada esa noite ;)
    Perdoa a incursión e noraboa a Z. e mais a ti, mamá "grande" dunha nena grande!!!! :**

    ResponderEliminar
  2. ohhhhh :)

    Hazle caso a esta niña, que sabe mucho!! (la última me encantaaaaa)

    ResponderEliminar
  3. Si, Sabela, a ese outro gran cambio me refería, non sei se hai un equivalente nos rapaces cal é e non sei se se vive igual, pero nas rapazas é tan claro, algo que debería ser tan especial e que normalmente está cargado só de connotacións negativas... escóndese, é un rollo, dá vergoña,... debería ser todo o contrario, un orgullo. Lembro certo capítulo dunha serie americana na que á prota lle viña a regra por primeira vez e o vivía como unha celebración, coma un día especial, como o seu paso importante cara a convertirse en muller, e me sorprendeu, supoño que porque eu non o vivín así... pero agardo que as miñas nenas si :)
    Seguro que a túa nena grande tamén, que tivera un agasallo baixo a almofada e que gardes esa mensaxe xa di moito :´)
    Dálle a miña noraboa Sabela, e encántame que compartiras isto, non me pidas perdón :)

    Anna, pues es casi sooc, no tenía ganas de ponerme a editarlas ayer porque si no no me daba tiempo de escribir... sabe mucho, sabe :)

    ResponderEliminar
  4. ¡Noraboa á Z.! Que non se esquenza de deixarlle un anaco de queixo ó Rato! Unha curmá do bichomozo deixoulle tamén unha mini-camiña de cartón e tea para que se deitase un cachiño a descansar, e púxolle a cama chea de pelos. Fíxolle moita ilusión que a usara.

    Eu recordo que no cole, a Madre Manuela era a encargada de arrincarnos os dentes cando empezaban a abanear. O seu método era ata-lo dente a un fío, ata-lo fío a unha porta, e ¡PLAS! cun portazo, alá iba o dente. Escapabámoslle todas, claro. Estoume decatando de que o meu cole era un pouco Oliver Twist :-D

    ResponderEliminar
  5. que ben!!!por fin!! que ghuapa a miña z.! :-)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir