lunes, 25 de abril de 2011

O chal

Remateino pouco despois de comezalo, a la con esas agullas gordas axudaron a que fose un proxecto rápido, dos que me gustan. Lévoo usando xa todo o inverno na casa, e por aquí comeza a ser agora o momento de poñelo por fóra á última hora da tarde antes de voltar para a casa do parque.

chal morados 2

chal morados 1

A verdade é que algo polo que nunca me gustou a primavera foi pola variación da temperatura da mañá ó mediodía, non sei se volo dixen algunha vez xa, pero eu lembro baixar a clase ás 9 da mañá toda enmantada, enchoupándo o cabelo coa néboa, e voltar subindo a costa cara a casa a pleno sol do mediodía suando e sen poder quitar máis roupa por non ter onde levala... agora a cousa cambiou e igual por iso me gusta máis a primavera.

E a colcha vai paseniño pero vai, teño xa quince cadriños feitos, máis ou menos a metade (aínda non sei se será de 5x6 cadros ou de 6x6, non me fago á idea do tamaño sen vela posta na cama...) e queda taaaan bonita :)

15 cadriños

E iso que a foto non é moi boa, pero a fixen onte ás presas e foi o que saiu, cando estea rematada farei unha sesión de fotos á colcha en condicións, para que saia tan guapa como é.

Pero a miña cabeza non é unha cabeza, é un cú inquedo, xa ando pensando en facerlle outra colcha á L.,... entre outras cousas, e do que teño a medio facer mellor non vos falo, vale? Queda mellor amosalo cando está rematado e non ir amosando os progresos ínfimos durante meses e meses :P

6 comentarios:

  1. Encaaaaaaaaaantame a colcha, creo que xa cho dixen. A idea de aproveitar así as teas é boísima.
    O chal moi chulo tamén, ainda que eclipsado pola colcha :-D

    ResponderEliminar
  2. Peciosos los dos proyectos, el chal y la colcha. tienes muy buen gusto para combinar los colores.
    Deseando ver la colcha terminada

    ResponderEliminar
  3. Encántame o chal e moi bonito.
    A colcha vai a bo ritmo, axiña estara rematada na cama da Z.
    Eres unha artista.
    Mary

    ResponderEliminar
  4. CrisCamarena muchas gracias :) Los cuatro primeros son restos de otros proyectos, después tuve que acabar comprando para completar y aún así tendré que bloquearlo para que me cubra bien los riñones como yo quería :)
    Anisor, grazas! Estou toda ilusionada coa colcha a verdade, estame gustando moito, o único malo é que me falta tempo e vai máis a modo do que me gustaría, teño unhas ganas de unir os cadriños xa... e aínda me falta para telos todos!
    glaram, muchas gracias, los de la colcha son lotería totalmente, creo que al llevar tantos colores y tantas telas distintas todas quedan bien juntas, pero apenas lo pienso cuando las pongo y creo que los que menos pienso son los que mejor quedan :)
    Mar grazas, a bo ritmo... pero xa veremos cando está rematada!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir