martes, 19 de abril de 2011

De volta do paraíso

Unha semana de verán en abril, na praia, con amigos e de maneira inesperada, o único malo é que xa rematou... pero temos as pilas cargadas de sol e de mar, de risas e paseos, e de boa compaña :)

paraíso 3

paraíso 4

paraíso 2

paraíso 6

paraíso 5

De vuelta del paraíso

paraíso 7

paraíso 9

paraíso 8

Praias case para nos sós e un verdadeiro verán, aproveitando a praia ata preto das nove da noite… e en abril se goza disto o dobre.

Tamén houbo tempo para parques, por suposto, sempre hai que probalos ;)

parques 1

parques 2

parques 3

parques 4

Aproveitamos para visitar o famoso Parque dos sentidos de Marín inaugurado hai pouco e do que tanto escoitamos falar últimamente. A verdade é que é especial, por ser un parque grande, cheo de vexetación xa instaurada e non eses arboliños-pau que vemos normalmente, aproveitando a pendente do terreo para facer xogos para os pequenos, e con algúns fóra do habitual, con espacios de descanso para os maiores mesturados con outros que imaxino cheos do rebumbio dos pequenos. A verdade é que nos gustou moito, a única pega é que algunhas cousas están aínda por rematar (poucas, o parque é totalmente usable) só agardo que teña o mantemento que necesita para seguir estando igual de ben por moito tempo.

parque dos sentidos 1

parque dos sentidos 2

parque dos sentidos 8

parque dos sentidos 3

parque dos sentidos 4

parque dos sentidos 5

parque dos sentidos 6

parque dos sentidos 7

E o pasamos ben con paseíños con xeado incluído ó anoitecer

hora azul 1

hora azul 2

ou polo monte á mañá, de paseo coas cadeliñas

monte 1
(foto de Rita)

monte 2

monte 3

ou dentro da casa, que quedou ben chula despois da mudanza

na casa 1

na casa 2

na casa 3

na casa 4

na casa 5

na casa 6

e puzzles, e ping-pong, e xogos de mesa, e amorodos con nata e comidiñas ricas, e gofres caseiros con chocolate!!

gofres

gofres con chocolate

Todo grazas á boa compaña… repetiremos :)


7 comentarios:

  1. Viñen por un casual e reparei polo voso recanto. Gustoume.
    So un apuntamento: non poredes demasiadas fotos, por exemplo, neste posteo?.

    Saúdos dende a Chousa

    ResponderEliminar
  2. Grazas pola visita Chousa!

    Seguro que son demasiadas fotos, e demasiado pouco tempo, o caso é que eu podería dividir esta entrada en cinco, así xa non serían demasiadas fotos nunha entrada pero igual pouco texto, o caso é que nas vacacións sempre encho as tarxetas de fotos e a cabeza de recordos e os meus recordos están así, en imaxes, e nunca son quen de escoller (bueno, si, que na tarxeta teño 1000 fotos O.O)
    Non sabes a de cousas que quero escribir dende hai tempo, e case todas van quedando no camiño
    Xa virán entradas con menos fotos, seguro :)

    Total, como resumo, si, dende logo 34 son demasiadas fotos :D

    ResponderEliminar
  3. que post tan bonito! me encantan las fotos, sobre todo "monte 2". felicidades!!

    (y que envidia de vacaciones ;) )

    ResponderEliminar
  4. Esperemos que repitades...aínda que ter praias case desertas con tan bo tempo mmm...é difícil...
    bicos!!!

    ResponderEliminar
  5. Lindas fotos y lindas vacaciones, por lo que veo!! Me gusta ese parque nuevo, se parece a uno que he descubierto hace poco cerca de donde viven mis padres. Menos mal que aún hay sitios donde se esmeran en hacer un poquito mejores estos espacios, porque la mayoría son unos espacios muy feos...
    Y te has mudado??? Espero que sea para mejor y que el agobio de los traslados ya haya pasado.... tendré que leer más abajo... ;)

    ResponderEliminar
  6. Ah! vale... la mudanza era de los amigüitos... :)

    ResponderEliminar
  7. Qué foto tan hermosa, la de las sombras en la playa con las niñas jugando :) pre-cio-sa!

    abrazos!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir