lunes, 7 de marzo de 2011

A volta ó mundo en febreiro

Este mes no grupo de La Vuelta al Mundo o tema era desenfoques, deu moito traballiño entre os participantes do grupo, pero finalmente quedaron cousas ben xeitosas.

A min este tema me gustou especialmente, non sei se terá que ver con que o meu mundo é así sen as miñas gafas e as imaxes desenfocadas non se me fan completamente desagradables, por suposto me gusta ver ben, pero non se me fai raro ver unha imaxe desenfocada (a pesar do efecto inevitable e inconsciente de pechar un chisco os ollos para intentar enfocar, :D A vós tamén vos pasa?)

Tiven un par de tardes a principios de mes nas que tiven que ir ó centro facer recados e fun soa, así que me permitín facer moitas moitas fotos e carguei as pilas e a confianza en min coa miña cámara para o resto do mes :) Non sempre saen fotos bonitas e cando quedas contenta co que fas... pois iso, quedas contenta :)

Esta foi a miña participación este mes:

couple (blurred version)

chasing sun

el pajarraco

in the city

the sun lit it all

street lights

Rúa Nova

If you where here...


Podedes seguir a cadea de participantes no blogue de Jackie, coma sempre.

O tema de marzo será globos, nada que ver, animádesvos?

2 comentarios:

  1. qué bonitas, le dan un toque precioso y mas cuando tienen esas entradas de luz. Me has dado ideas, gracias¡¡

    ResponderEliminar
  2. qué bonitas, le dan un toque precioso y mas cuando tienen esas entradas de luz. Me has dado ideas, gracias¡¡

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir