martes, 15 de marzo de 2011

A pola colcha!

Hai moito tempo que o patchwork me chamou a atención, gústanme os traballos que vexo pola rede aproveitando retallos ou os máis elaborados combinando teas de colecións específicas que se venden xa combinadas listas para facer un proxecto completo; incluso hai un tempo tratei de comezar un sampler e seguir os tutoriais para facer os cadros máis famosos: o xardín da avoa, o prato de Dresden,... pero non fun quen de seguir, demasiada minuciosidade para facer de 5 en 5 minutos, cortar tantas pezas tan pequeniñas e cun tamaño determinado (entendín tamén porque usan cutters e táboas e regras de medir, facelo marcando as teas é moito máis traballoso) tendo en conta as medidas das costuras,... non está mal, pero non é para min agora, que aproveito cinco minutiños libres para sentarme a darlle dous segundos ó pedal da máquina de coser.

Pero agora a cousa cambiou, un dos meus agasallos de cumpreanos foi este libro que quería dende había tempo, o Patchwork Style de Suzuko Koseki.

Patchwork style

Encantoume. Moito máis do que pensaba, moito máis do que vía nas vistas previas do libro... e namoreime dunha colcha (ou dúas).

Os proxectos deste libro son de patchwork de estilo moderno, todos feitos á máquina e feitos para min :) E como estou namorada desa colcha me puxen a facela sen pensalo. Puxen os retallos todos e roupas vellas preto da máquina e alá vou cortando e cosendo segundo vou, nada de medir e calcular, ó chou.
A miña variedade de teas non é tan grande, nin as gamas de cores tan próximas como para poder facer un proxecto así de grande coas teas todas combinadas, e aínda así me encanta como está a quedar. E me gusta moito tamén o pracer de sentarte un rato e rematar un cadrado dos que forman a colcha, é algo semellante ás mantiñas de ganchillo, e aínda que nas outras o feito de ter miles de cadrados e non ter unha colcha me molesta porque aínda falta todo por unir, nesta (debe ser porque todo se fai coa máquina, ou porque aínda non cheguei aló) non me molesta nada, ó contrario.

06032011-IMG_1065

1

2

3

… retallos mercados ainda sen usar, restos doutros proxectos que semellaban inaproveitables, mostrarios de teas agasallos da avoa e máis de anavilat, camisas do avó,… todo vale, reutilizando.

Lera algures que nos quilts tradicionais americanos o centro do log cabin se facía de cor vermella simbolizando o corazón da casa… gustoume, e pensando en que a colcha vaia parar á futura cama da Z. pensei que sería unha boa idea que o centro fose de cor rosa, lle gustaría e ó mesmo tempo non é demasiado avidente por se dentro duns anos le pasa coma a min e aborrece o rosa (eu sigo confiando en que lle vai pasar… :D)

Fun facendo as fotos con contagotas, hai fotos de tres cadrados cando pensei poñelo aquí, pero xa hai tres máis feitos… claro que non son nada pensando nos trinta que teño que facer para que teña tamaño para unha cama individual, e igual teño que facela aínda máis grande porque as nosas son de 105… se cadra, cando a remate é o momento xusto para que a Z. se nos independice da cama… ou da casa, vai ti saber :D

E mentres ó redor da máquina hai unha explosión de retallos

esquerda

dereita

na mesa

… e o número de cadrados vai medrando…

os cadrados

Estame gustando tanto que xa se me ocorreu un deses negocios do feito a man que son sempre os que me veñen á cabeza: coser mantiñas ou colchas coas prendas queridas da xente, o mandil da avoa, a camisa do avó, aquel vestido de verán que trae lembranzas especiais, ou a blusa coa que te coñecín… será porque eu lle collo apego ás cousas que me encanta a idea… se cadra, se consigo rematar esta, se o resultado me gusta, e logro sacar tempo dalgures… igual me animo.

Mentres tanto sigo cosendo

traballo en progreso



13 comentarios:

  1. Que guay!!!! como mola.
    Teño envexiña de todas esas cousiñas que es quen de facer, e para as que eu son un desastre pois as miñas mans non sirven para iso.
    Encántame a colcha con retales de roupa que din algo.
    Mary

    ResponderEliminar
  2. me encanta!!!
    si es que eres una "manitas"!!!
    un besazo a todos!!
    Sira

    ResponderEliminar
  3. Mary, poderías facelas se che gustase e tiveses a motivación axeitada, as túas mans serven tamén para isto, as de calquera, non sexas mala contigo, eu non facía nada disto ata hai uns aniños... todo é comezar :)
    E se non, sempre cha podo facer eu cando comece o meu negocio ;P

    Grazas curmá! Apúntaste tamén? Non sei se pechar xa os pedidos que non vou dar feito ;DDD

    ResponderEliminar
  4. Esta quedando bárbaro, a min gostanme moito as cousas feitas con esta técnica pero non me atrevo de momento a facelas, iso si teño un montón de retales gardados por se nalgún momento me atopo con forzas. Por certo, ¿que base estás usando para facela?¿é miraguano?¿de que gordura? ¿leva algúnha tela polo revés? e se non é así ¿non se che engancha no prensatelas? Perdoa polo bombardeo de preguntas e un saudiño.

    ResponderEliminar
  5. que chula te va a quedar, me encantan las combinaciones de telas que has escogido
    besiños
    CrisCamarena

    ResponderEliminar
  6. Chacris, anímate, que facéndoo así é moi sinxelo, creo que o peor será repasar as costuras ó final de todo. O que uso de base é boata, esta é de 75% algodón e 25 sintética, é máis cara, pero tamén máis fina e se cose mellor coa máquina, que xa escarmentei co recheo sintético da outra vez. Non leva tea ningunha polo revés e non se engancha no prensatelas nadiña, é bastante compacta :)
    Ti pregunta o que queiras, eu respostareiche o que saiba ;)

    Cris, creo que el resultado es muy agradecido, el conjunto queda bien casi le pongas lo que le pongas :) pero gracias

    ResponderEliminar
  7. Queda chulísima, Raquel. A min encántame a idea de facer "algo" con retalliños da vida... Gustariame ter unha idea chula nese sentido e un chisco da túa maña-paciencia-sabiduría para levala a cabo ;)
    Un biquiño!!!

    ResponderEliminar
  8. Non son moi amante do patchwork, parece un lío ter tanto cachiño de tea soltando fíos por ahí, e co caras que son, pero a túa colcha encaaaaantame! Xenial o de ir reciclándo teas.
    Fai pouco vin unha serie (Big Love, ¡moi recomendable!) na que á filla que se independizaba regalábanlle unha colcha feita con anacos de teas con significado (o mandil da barbacoa do pai, un traxe da nai, un babeiro da irmá...)
    Parece mentira que teas tan dispares poden quedar tan ben xuntas...

    ResponderEliminar
  9. Sabeliña, ti ideas seguro que has ter abondo, e senón sempre podes copialas, o que seguro que non abonda é o tempo. O fondo dunhas cortiñas, un camiño de mesa, cousas pequenas que tamén poden valer para facer algo así. Anímate e amósanolo! :)

    Todo é afacerse, anisor, axuda ter un espacio adicado a isto, porque se teño que montalo e desmontalo cada vez que coso dous minutos sería imposible. Apúntome a serie, encantaríame un agasallo así :)

    ResponderEliminar
  10. qué bonito es el rsultado de la combinación de colores. Seguro que será preciosa¡¡

    ResponderEliminar
  11. Unha dúbida que nos xurdeu aqui a miña nai e mais a min vendo a colcha: ¿os cadrados seguén todos o mesmo patrón, ou cada un é diferente? Quero dicir: ¿as pezas que compoñen cada cadrado son iguais?
    E que nos atopamos un montón de sabas vellas na aldea, e estabamos pensando en darlles unha salida creativa.
    Bicos moitos!

    ResponderEliminar
  12. Anisor, o único que teñen en común os cadrados é o seguinte: todos miden o mesmo, a metade son de cores claras por fora e cores escuras por dentro (un cadradiño no centro, se te fixas) e a outra metade ó revés, e os meus ademáis teñen o centro igual. O demáis, o tamaño, ancho das tiras e númerode tiras que leva cada cadrado non ten nada que ver un con outro, de feito eu vounos facendo bastante ó chou, uns quédanme tortos, outros dereitiños, fíxate que non teñen nada que ver uns cadrados cos outros... eu quero ver o resultado, eh? ;)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir