jueves, 24 de marzo de 2011

Medianas

Hoxe pola mañá, despois de vestir á L comezou a contrariarse e a repetir unha e outra vez que ela quería as medianas, que as que tiña non eran as medianas, e que quería as medianas, e despois de preguntarlle o que quería que fosen medianas e explicarlle que non a entendia, que non sabía o que quería, prometo que tardei preto de dez repeticións da palabra medianas en preguntarlle á Z.: pero que quere? Ti sabes o que quere?

medianas

"As medias, mamá, quere poñer unhas medias."

Gústame telas as dúas na casa, a pesares do 50% do tempo entre berros e pelexas, gústame ese outro 50% de xogos e complicidade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir