miércoles, 9 de marzo de 2011

Entroido

Este ano o entroido celebrámolo ós poucos, primeiro a fin de semana antes estivemos en casa cos avós Moucho e a avoa Tartaruga, os primeiros trouxeron uns desfraces de abella de agasallo e a segunda trouxo unha bolsa de desfraces vellos de cando meus irmáns e máis eu eramos pequenos… así comezou o entroido.

As abellas

abellas

abellas

Unha especie de ratiña fachendosa

daisy

A osa panda con máis estilo

panda

con estilo

co avó moucho

A maquillaxe foi case enteiramente cousa das tartarouchas, ás que lles encanta pintarse coas tres cores que temos na casa sempre que teñen ocasión… e que pensades que facía a L con esta cara tan concentrada?

concentrada

Xa vedes que mellorou a súa maquillaxe dende as fotos anteriores… e que pode estar facendo entón? Pois isto

concentrada

así

Entroido para todos! :D

Esta foi a primeira parte, a segunda foi o entroido na escola. A Z. o pasou moi ben, pero eu teño que dicilo: ODIO estes desfraces feitos de bolsas de plástico. Sei que dan a posibilidade a todo o mundo de mercar os materiais, e de facelos, porque son baratos e manexables, pero durante a tarde que botamos facendo o noso eu non paraba de pensar a de traballo que levaba e o mal aproveitado que ía estar, unha tarde facéndoo e unha tarde usándoo e despois para o lixo, porque os materiais tampouco aguantan máis… e vistes os desfraces de cando eu era nena? Aínda valen para utilizar moitos anos despois. O de oso panda mo fixo a miña avoa Marilde para cando tiña dous aniños, así que botade contas… e á Z. lle queda perfecto (así vos facedes unha idea do fenómena que era eu de "pequena" :D)
E para o lixo non só o noso senón todos os demáis desfraces de infantil… 70 desfraces para o lixo tras unha tarde de uso :(

Bueno, e a unha, que é rariña, tamén lle molesta que manden unha circular pedindo colaboración para levar os postres típicos do entroido e que acabe cun: "por favor mandádeos envoltos en papel aluminio ou bolsas, que os nenos esquecen as friameiras" :( Isto se chama fomentar a conciencia ecolóxica. Porque se esquecen os recipientes ben poderán recollelos o seguinte día que vaian a escola, penso eu, ou tamén levan abrigos desbotables por se os esquecen?

E xa feito o desafogo imos facer como que nada disto aconteceu e imos falar felizmente dos desfraces de tartas e pasteleiros que levaban todas e todos,

tartas

do orixinais que eran e o guapas que estaban, e o ben que o pasou a Z. decorándoo na casa, improvisando cunhas arandelas de cores para os buratos das follas que tiñamos e quedaron xenial

a tarta tartaroucha

e dos gorros xeniais que se traballaron as mestras cos nenos e nenas na clase

gorro candeas

Eu quería rematar o entroido paseando polas rúas e empapándome do ambiente, dos desfraces e do día grande do entroido… pero non houbo quen quixera acompañarme, así que mellor rematamos cunahs boas orellas e a receita da avoa Carme, tan boas que ata a Z. as comeu e que duraron triscantes coma o primeiro día case unha semana (si, eran moitas)

ORELLAS DE ENTROIDO

orellas

- 500 g. de fariña
- 2 ovos
- 75 g. de manteiga
- 0.4 dl de aceite
- 1/2 copa de anís ou ron
- 0.5 dl. de leite
- unha pisca de sal

Facer un volcán na fariña mesturada co sal e botar alí os ovos (sen bater), a manteiga branda pero non quente, e o resto dos ingredientes (a avoa Carme utiliza o mesmo copiño para todos e bota a mesma medida para os tres). Mesturar primeiro cunha culler de madeira e cando estea todo mesturado pasalo á mesa e amasar coma para facer o pan. Despois deixar repousar a masa unha hora ou así.

Repartir a masa en dúas bolas e de cada unha facer unhas 15 boliñas (para que vos fagades unha idea do tamaño, pero non é necesario facelo así), ir estirando a masa co rodillo e fritir cada orella en aceite de oliva ben quente volta e volta sen que se queimen.

Depois botarlles azucar moído por arriba aínda en quente… e a comer!!!

abella

orellas 2

Pero que digo, como imos rematar así o entroido? Por aquí remátase queimando o Meco, así que aló vai o entroido.

Queimando o Meco

Queimando o meco 2

ata o ano que vén!

2 comentarios:

Conta, conta...

Por se queres compartir