lunes, 21 de marzo de 2011

Chegou a primavera!

primavera 1

abrochos margaridas

dentes de león

O venres vimos a primeira bolboreta do ano, amareliña, pero non hai foto, chegou o sol de cheo quentando os días pero non o aire fresco que segue a soprar… pero nós seguimos na casa agardando a que desaparezan os últimos signos de que a nosa varicela segue a ser contaxiosa.

E que se fai cando chega o sol e non se pode saír da casa?

Pois mover mobles de sitio

movendo mobles

darse moitos baños de "pos máxicos"

baño de pos máxicos

recibir amigos cos que pasar unhas noites entretidas

xogos

que nos visiten os avós Moucho e máis a tía Lu e Alejandro e veñan cargados de aloumiños para aliviar os picores da Z., unha noite de descanso para o papá Moucho e a mamá Tartaruga, e comida, moita comida rica :)

filloas recheas

e aproveitar para ir pouquiño a pouco avanzando nos proxectos entre mans:

3 cadros máis para a colcha (e xa van 9)

cadros da colcha

3 hexágonos máis para esta mantiña (comezada hai dous anos e que me propuxen non deixar aparcada de novo)

mantiña hexágonos

4 voltas do xersei Turméric que a este ritmo rematarei o ano que vén, pouco a pouco :)

Turméric

e ler contos, ver pelis, facer aloumiños, darse máis baños, facer máis aloumiños, enredar, debuxar, facer filas de animáis,…

o noso salón :)

fila de animais

xogo da cabaza

pesca

as picores xa marcharon, só foron dous días máis fortes, pero agora toca agardar a que sequen os grans e poidamos volver sair ó mundo exterior… e a que lle toque á L, supoño.


8 comentarios:

  1. 1.Moitos ánimos ca varicela! Eu paseina ós 19 e trouxome sorte: coñecín o bichomozo e aprobei un examen ó que fun vestida modo-burka para que ninguen soupese que estaba enferma e contaxiosa (era un examen de Medicina, para máis inri)

    2. Lembreime disto vendo o debuxo da túa filla:
    http://thecreativecrate.blogspot.com/2010/07/look-what-i-did-art-holder.html

    3. Como mola o catán! Tamén somos grandes aficionados ó Carcassonne, e a Aventureros al tren.

    4. NORABOA polo sorteo de Kireei! :-D

    ResponderEliminar
  2. Vaya... espero que esos picores ya hayan ido atenuándose... Aunque con tanto que hacer en casa, no creo que la peque lo haya pasado tan mal!!!

    ResponderEliminar
  3. Anisor, que boa a anédota de ir con varicela a un exame de mediciña :DDD, parece un chiste.
    O noso salón en debuxo, encantoume... pensei en enmarcalo, coido que é demasiado grande para o invento da pinza, pero a idea tamén está chula :)
    Xustamente eses tres son ós que xogamos nós, pero estes días chegamos á conclusión de que: o carcasonne ten partidas máis longas, máis difícil para xogar con nenas que espertan, e o Catán ten un punto de máis festeiro porque interaccionas máis co rollo dos intercambios, no aventureros e no carcassonne estás máis concentrado no teu xogo, epro molan moito. Algunha suxerencia de cara a un novo na colección?

    Adijirja, tuvo dos días de picores serios y el resto la verdad es que los llevó muy bien, es una campeona, ya están todos con costra pero vamos a remolonear un poco más :)

    ResponderEliminar
  4. Ai, e grazas polas noraboas! Si tocoume a min! Viches o que é? Las e fíos!!!! :DD
    Case nunca escribo nos sorteos, pero desta vez que comentei vai e me toca, e xusto este :D
    Xa vos contarei cando me cheguen

    ResponderEliminar
  5. Mmm... nós fomos moi fans do Mutchkin fai tempo. E o noso favorito agora (sobre cando somos moitos) e o Jungle Speed, non ocupa nada, non é moi caro (20 euros) e dinámica é moi sinxela, pero moi moi divertida, hai vídeos no youtube de xente xogando e morrendo da risa. Se me tivera que quedar con un dos que temos, agora mesmo sería este.

    ResponderEliminar
  6. Ui, que rápida! Vou indagar, a ver eses vídeos :)
    Grazas!

    ResponderEliminar
  7. Ai, pero son de cartas... non sei por que non me atren tanto, me gustan máis os de taboleiro... deses sabes algún?

    ResponderEliminar
  8. O Jungle Speed é de cartas, pero non é o típico xogo de cartas. Non ten nada de estratexia, iso sí, é rápido e tronchante.
    De taboleiro ademáis dos que xa falamos, está o Agrícola. Eu só xoguei unha vez, cando llo regalamos a uns amigos. Pero despois eles contaron que é moi divertido, que ten como varias dinámicas de xogo. Está ben incluso para xogar entre dous.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir