lunes, 28 de febrero de 2011

E despois dos días grises...

... tiña que saír o sol :)

E xa case vemos chegar a primavera, vós védela?

Nós vimos abrirse o primeiro narciso da temporada

narciso
vimos florecer as prímulas

prímulas

enchemos un xarrón con mimosas no noso salón

mimosas

polo extractor da cociña escoitamos os rechouchíos dos paxaros e os vemos pousarse buscando comida no xardín, e pola mañá amenceu o primeiro raio de sol nos cuartos escuros,...

Pero ademáis lemos e xogamos nun día inusitadamente tranquilo e bañadas en luz

luz 2

luz

(esta foto da Z. faime estremecer... vistes que grande está? Non o digo polo tamaño, senón pola actitude, védela? Aix :) )

e ata xogamos fóra sentadas no chan e sen chaquetas

fora

Aí vén a primavera!

E gústame vela chegar así a pouquiños, en cousas pequenas antes de estoupar, antes non me decataba, só vía o sol e os días grandes, creo que por iso agora me gusta máis ter estacións, cando unha estación remata xa teño ganas de sentir os cambios, vós onde a vedes?

2 comentarios:

  1. Qué lindas fotos Tartaruga... sí que está aquí la primavera ya... :)

    ResponderEliminar
  2. O outro día vimos un par de cegoñas voando por riba da estrada e me fixo unha ilusión... :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir