jueves, 27 de enero de 2011

A man

Hoxe traio algunhas cousiñas que fixen últimamente (últimamente abarca un par de meses, máis ou menos ;P)

Primeiro preparando a entrada no cole da nosa Z. da que vos direi que ela está feliz... aínda que seus pais non tanto, xa sabedes.
Fixen un primeiro estoxo, o primeiro na miña vida, e quedei toda chea...

o primeiro estoxo

pero cando fomos meter o lapis resultou que era pequeno e o lapis entraba só medio escorado, así que me puxen a facer un segundo, e esta vez a petición da Z. tiña que ser... si, seguro que o adiviñades: ROSA

Así que escollín outra maneira de facelo máis doada no que se poden coser todas as capas de tea xuntas... pero esquecín que a miña máquina de coser non ten moita potencia, así que foi sorte abondo poder coser as teas de dúas en dúas e o procedemento tan sinxelo se complicou máis do que o anterior... o resultado foi que a tea de dentro quedou máis frouxa que a de fora e que non puiden rematalo a tempo para que a Z o levase ó cole.

o segundo: rosaaaaa

o segundo: rosa

flores

Rosa por dentro e rosa por fóra, outro detalle que cambiaría sería o poñerlle un deses laciños que lle puxen a cada lado, porque se fai moi práctico para termar del cando o abres ou pechas.
O primeiro día á volta do cole a Z dixo que non lle facía falla o estoxo rosa porque o lapis entraba ben no dos corazóns, así que aínda está agardando a que lle cosa o interior e lle corte todos eses fíos.

A Z. é un forniño, e normalmente anda só cun par de camisetas, nunca quere xerseis e o primeiro que fai ó chegar a casa é quitar a roupa toda que lle molesta, así que non tiñamos apenas xerseis. Pensei facerlle un chaleque, así no cole tería o corpo abrigado pero non lle molestaría como lle pasa sempre, pero tiña que ser algo rápido de facer e que non picase... tarefa case imposible (comprobadas que non lle pican a katia diana e a merino 100%, supoño que o resto terán que ser acrílicas) e lembrei unhas las que me dera a avoa Inés (a bisavoa das Tartarouchas) e unha que traía feitas unha dianteira, unha traseira e unha manga para un xersei, pero para a que non había la abondo para a outra manga... e saíu un chaleque ben rápido e ben xeitoso.

por diante

Eu xa tiña escollidos uns botóns entre grises e verdes que había pola casa, pero ela ten os seus gustos, así que foron estes:

os botóns
Estes son os proxectos que máis me gustan, os que se fan completamnete con cousas que hai xa na casa, e que quedan así de ben

na modelo

Igual que estoutros: uns quentadores sinxeliños, con restos de acrílicos tamén agasallo da bisavoa Inés. Agora os usa a Z, pero a L non puido evitar darlles un paseo pola casa mentres quitaba unhas "pususas", a súa obsesión durante o mes de decembro.

quentadores 2

quentadores

a nena das pususas

Ademáis houbo un par de pequenos proxectos para os que non teño foto ou non a podo poñer, así que quedan en silencio.

E nas agullas seguen un chal queimarrestos

chal queimarrestos

o chal in progress

Usei os restos dunha madeixa de Katia miski que usara para o chalequiño da L o ano pasado e que segue a valerlle este ano, e facendo o chal namoreime dela, semella maneteiga ó tacto, é tan suave e tan gustosa...
De momento segue o seu progreso, a ver como remata.

Tamén unha mantiña para agasallar sen data límite e moi sinxeliña. Despois de ter pensado en posibilidades para que a manta fose reversible e destas catro cores, o máis sinxelo resultou ser a mellor opción: apto para ir no coche, falar ó mesmo tempo sen medo a trabucarse, e incluso ver algunha película en versión orixinal subtitulada!

unha mantiña

Andan tamén un par de cousas máis que non sei se terán fin e das que non hai foto: unha chaqueta para min da que teño feita o corpo ata a sisa e me atorei ó chegar á primeira manga, que teño que desfacer un día destes que me colla con ganas... igual podo estreala o ano que vén cun pouco de sorte...

E coido que xa está por hoxe, outro día máis e se cadra mellor.


3 comentarios:

  1. Encántanme as fotos das "pususas"!!!
    Tia Rita

    ResponderEliminar
  2. Te acabo de conocer pues vengo de Ítaca.Penélope no deja de tejer....acaba de lanzarme un hilo hasta tu blog.
    Me encantan tus cosas llenas de color y de creatividad.Tejes preciosidades, tus niñas son una potxolada......y ese mundo caótico tuyo.....me veo un poquitín reflejada.
    Me he pegado un largo viaje visitándote desde tus inicios de blog.

    ResponderEliminar
  3. Gracias Olatz, la verdad es que el día de ayer fue un poco difícil después de enterarme del viaje de Penélope, pero tenemos sus trocitos en Ítaca para seguir con ella a poquitos.
    Eres matemática? Últimamente no hago más que conocer matemáticos, :)

    Gracias por tu paseo en mi blog y por tus palabras.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir