sábado, 8 de enero de 2011

Cambios


Comeza o ano, e semella que sempre facemos por cambiar algo, ou polo menos si que facemos un repaso mental do ano anterior, e inconscientemente aparecen sen nos decantar cousas que queremos cambiar a mellor. Eu non son unha excepción, gustaríame ser máis organizada, gañar tempo para todo o que quero facer e seguir aprendendo, faime sentir ben querer seguir aprendendo :)

Pero hoxe non viña falar diso, viña falar doutros cambios polos que imos pasar en breve na familia e que van supoñer unha gran diferencia. A nosa familia, falta de rutinas que para a gran maioría son elementais, axiña terá unha hora para erguerse, e polo tanto unha para deitarse e poder descansar o necesario, terá que apurar os rituais ó espertar, apurar para vestirse e almorzar, con hora de saída; vimos de mercar roupa porque xa non imos usar tanto a roupa de estar na casa, as irmás xa non pasarán xuntas a maior parte do día,… supoño que adiviñastes xa do que falo: da escola.

O ano que vén a Z. entraría en primaria, este ano temos a posibilidade de non levala todas as horas do horario escolar e de facer a adaptación pouco a pouco, cousa que pensei que nos custaría longas conversas coa escola e que de momento quedou en máis nada que en comunicarlles a nosa intención de facelo así para que asentisen sen máis. Esas son algunhas das razóns polas que decidimos que era o momento.
A escola na casa non foi nunca a nosa primeira opción, senón atopar unha escola respectuosa co ritmo dos nenos e nenas e ademáis afín ós nosos gustos e preferencias, pero seica iso non existe, así que agora damos un paso que nos levará a intentar facer cambios dende dentro, os poucos que poidamos conseguir.

En canto á Z., a idea non partiu dela, e nós nunca lle vendemos a idea da escola como algo marabilloso, e para min é importante chegado este momento, que pese a non dicirlle que o vai pasar moi ben, que poderá xogar cos nenos e as nenas, que fará moitos amiguiños, que aprenderá moitas cousas, e todas esas cousas que adoitamos dicirlles para que vaian con ganas, pese a non venderlle a idea, ela ten ganas de ir. Supoño que xoga ó noso favor que estamos no inverno e non hai nenos no parque porque chegan do colexio case de noite e quedan na casa ou van a outras actividades, tamén que ela pregunta dende hai moito tempo ó longo do día moitas veces polos seus amigos e amigas e a resposta sempre é a mesma: está no cole; e como apuntou a amiga Cris G. que está nesa etapa na que quere ser como os demáis, encaixar no mundo, porque ela tamén é un animal social.

E seguro que polo ton da entrada tamén deducides que non son a nai máis feliz do mundo polo que vai acontecer. Hai moitas cousas que non me gustan, moitas, pero estou segura de que aparecerán moitas outras que non agardaba e que van ter aspectos positivos, ou polo menos non vai ser tan terrible como eu penso porque ela vai estar feliz, e se é así, as outras cousas, non é que deixen de ser importantes, pero non son o primordial.

preparándonos para a escola

O caso é que comezando polos libros (libros, de fichas, meu deus :( ), podo poñerlles cincuenta pegas, a Z comeza a interesarse pola lectura, coido que algo está comezando a facer clic na súa cabeciña, porque identifica a letra pola que comezan as palabras, coñece as maiúsculas, pero no colexio se ve que xa todos dominan as maiúsculas que este ano "non tocan" e nas fichas (que ademáis me parecen terribles, seguindo a liña de puntos e repetindo unha letra ou un número ata o infinito algunhas delas… bufff) só aparecen minúsculas; o outro día unha veciña me dixo que tiña que mercarlle ó neno libros coa letra que len eles porque quería ler e se non non o entendía, eu primeiro non entendín a que se refería, despois pensei que sería cousa das maiúsculas, e agora que vin os libros vexo que se refería á letra corrida, á de caligrafía que aprendemos de pequenos e que eu pensei que xa non se aprendía ós pequenos precisamente por iso, porque non é a letra que se utiliza nos libros, para que engadir un paso intermedio? E por que o libro de lectura e máis as fichas de lectoescritura (Esas tan horribles) están en castelán? :-( O que máis medo me dá é que nin as mestras e mestres se decaten de que non é a Z. a que vai "retrasada" senón que á grande maioría ós están forzando a seguir un ritmo que non é o seu.

E todo isto comezou xusto un chisquiño antes de que o Tribunal Constitucional dera un pau ó homeschooling en España, así que, aínda que a nosa decisión non teña que ver con isto, ou non teña que ver só coa alegalidade da situación en España e en Galicia si que sinto que deixamos o barco no peor momento, pero o que teño claro é que non imos deixar de apoiar ás familias que queren formar ós seus fillos na casa, e como non hai que ser homeschooler para apoialo aquí queda unha imaxe de apoio. Se vos queredes sumar podedes facelo no blogue de Silvia


Pero non vou seguir dándolle voltas agora, fáltannos uns días para comezar, temos a posibilidade de facelo pouco a pouco como queriamos e mentres temos cousiñas que preparar con ilusión: bordar un nome no mandilón, facer un estoxo para o material,…

E por se fora pouco cambio a Z. comeza mañá moi ilusionada un cursiño na piscina do que tén moitas ganas, así que coas súas ganas nos alimentamos todos para afacernos ás novas rutinas.

a nadar

[escribín esta entrada o luns, pero ata hoxe sábado non tiven ocasión de a publicar, e despois de 3 días de piscina (3!!!) descubrimos unha nova Z. desexosa de aprender máis. O que eu pensaba que serían "demasiados" días coido que se lle fan poucos, sae emocionada dos seus logros e querendo máis, desexando mergullarse e nadar sen os manguitos. Poder ver a clase, e vela tan grande fixo que case se me saltasen as bágoas... :´) ]

Non adoito poñer vídeos no blogue porque normalmente non podo adicarlle tempo a velos, pero este que atopei onte creo que di moito para a entrada de hoxe: non intentemos cambialos para que sexan coma nós queremos, aprendamos a ver as súas cualidades para que poida facer o que lle vai ben. Cando deixei de empeñarme en que fose coma eu quería e deixei que simplemente "fose" ela, ela floreceu e eu gozaba sabendo que ela é perfecta tal e como é.

15 comentarios:

  1. Moita sorte para Z no seu primeiro día de escola, de seguro lle vai a ir moi ben!! e non vos preocupedes polos libros, a maioría dos mestres respetamos o ritmo dos nosos pequenos, eu dende logo o teño claro "a letra con sangue NON entra" hai que motivar aos nenos cara al lectura, pero non machacalos, teñen que velo como algo funcional, que lles serve para escribir notiñas a mamá e papá, para empezar a leer contos....
    Si precisas algo ou tes algunha dúbida do cole pregunta...son mestra de Infantil...
    O dito, sorte e moitos biquiños

    ResponderEliminar
  2. Outra mestra de infantil a darche ánimos :) Non te preocupes, coincido contigo en todo o que dis, peeero tenen conta que a vida é así, aburrida, repetitiva, chea de obrigas, pero tamén está chea de sorpresas e ledicias. Pensa no positivo que vai acadar na escola, que ten que saber atopar o seu papel nesta sociedade tan ríxida e saber florecer dentro destes marcos. Eso, xa temos falado desto, non che vou dicir nada novo, pero si quería transmitirche alegría para que ela a perciba en ti e poida vivir a escola do mellor xeito posible. Non te agobies, nena, xa terás tempo de facelo. A VIVIR!!!
    Moitos bicos.

    ResponderEliminar
  3. claro que irá ben, a veces haberá momentos non tan bos pero cun pouco de sorte tirades cara adiante. Äs veces faiseme moi difícil certa competitivade que noto, non quizais entre os pequenos ou entre os pais, senón polo ritmo de vida, clases de inglés para ter bo nivel, deporte para enriquecer o espíritu e o corpo... ás veces para os meus estar na casa é unha festa, e para min fixo. E as clases de natación xenial, non nos vimos por pouco, a miña acaba de facer o curso de aprendizaxe aínda que xa sabía algo, pásano xenial xenial e os monitores coido que son moi atentos. Será logo, pesar dos varapaus das leis e dos ánimos de todos pola crise un comenzo bo para a familia, estou segura, un bico grande.

    ResponderEliminar
  4. alegrome que a z. disfrute cas clases de nadar...é xenial!...o da escola...bueno, si, é un cambio polo que vos dou moitos animos e non te preocupes...o importante, a pesar de todas estas normas cas que non estamos dacordo é este sistema establecido onde todos temos que ser como borregos, é que a z. sexa feliz e estou convencida de que eso o ides conseguir...unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Aiiiiii,que non sei como empezar!!!! A ver : a escola tende a unificar o ritmo de traballo,se un le,o reto é que os máis tamén,e as familias entran no xogo,non creas! Os pícaros cando ven que avanzan sempre queren máis...pero como a escola tende a homoxeneizar,fréase un pouco a aprendizaxe...e nestas andamos.Logo está a obviedade de que as mestras son persoas e depende con quen deas,os horizontes ábrenseche ou non.E tamén está a ilusio´n de preparar a merenda para o recreo,o ritual de lavar as maos antes do comedor,e os dentes despois,os libros da biblioteca,as cancións que che aprenden,as celebracións varias(paz,antroido/carnival...),coller o transporte,esperar que estea a mamá ou o papá ou avós na porta á saida...En fin:agardemos que seña unha escola que acepte(?) aos diferentes(?),porque cha hai moito rancio-a aínda por aí...Moito ánimo para os maiores e para a cativa,un camiño de alegría nesta nova estapa.
    Saúdos
    lola

    ResponderEliminar
  6. Verás que todo irá bien y tendrá la situación encarrilada antes de lo que imaginas. Mucho ánimo!
    Me has matado con el video ;)

    ResponderEliminar
  7. Moooooitos ánimos e moita sorte na nova etapa, xa verás que tamén atoparedes cousas boas, alégrome de que lle guste a piscina.

    Do resto, seguro que non ten ningún problema, as maiúsculas xa as irá coñecendo aínda que non as toquen, e cando aprenden a ler, aprenden en letra ligada e ao mesmo tempo len tamén na de imprenta. Os libros serán en castelán porque o pediron as profes, porque os hai en galego tamén, N ten os mesmos e son en galego.

    Biquiños e moita forza.

    ResponderEliminar
  8. Moita sorte nesta nova etapa
    un biquiño grande!!

    ResponderEliminar
  9. Olá, moitos ánimos para esta etapa de cambios :). Acabo de descubrir o voso blogue através dunha amiga e só quería felicitarte. Mil bicos e forza,
    Eva

    ResponderEliminar
  10. Moitas grazas a todas

    Vero, grazas polo ofrecemento, o caso é que xa sabemos que hai tantas maneiras de aprenderlles ós pequenos como mestras e mestres. Onte fomos de paso a casa duns veciños e un dos seus nenos vai na mesma clase... non debín pasar. Entereime de que castigan ós nenos e nenas sen recreo cando non rematan as fichas, e ós pais seica non só non lles importa senón que están dacordo. Ademáis comentaron que mentres o irmán nun curso antes traia poucas cousas moi elaboradas el traia fichas e fichas e fichas e ademáis non se preocupaba de facelas ben porque o que acabase podía xogar, así que o importante era facelas rápido.
    A Z. estivo hoxe 2 horas, trouxo para casa porque ela quixo as 3 fichas que fixo, e contou que castigaran a dous nenos porque querían xogar e non traballar e que a profe lle berrara "a traballar" porque estaba a mirar para ela en vez de facer a ficha, pero que non a castigou... tamén os castigan sen recreo despois do comedor se non comen "como é debido". Igual non é o que parece, aínda así fáiseme duro.

    alfanhui, grazas. non te preocupes que a procesión se leva por dentro como se di por aí. Ela está ilusionada, de feito hoxe me preguntou por que non ía cos demáis no autobús, agardei ata que volvemos ó mediodía para saber que quería facer mañá e di que quere ir no bus. Que grande é. Agardo que polo menos non se lle quiten as ganas.

    Olivia! graciñas, si, hai moitas cousas que non van coma nos gustaría, verdade? Pero hémonos adaptar e dende logo para ela é un bo comezo :)

    tialu :) ela vai ser sempre especial, e a nosa misión, ante todo é que sexa feliz :)

    Lola, por suposto, eu non vexo nada de malo en que os nenos queran superarse e ir aprendendo uns dos outros, é máis, paréceme a maneira máis natural de aprender, non é como aprendemos todos a andar, a falar,... o que me custa é o outro, o que quero eu da escola é que manteña o interese natural dos nenos e nenas por aprender, non que lles faga ver que aprender é aburrido. Para min o importante non é memorizar senón ter interese por saber.

    Bárbara, ella creo que la tiene más que dominada ;) Educas en positivo?

    Arantxa, os de papeliños están en galego, os que están en castelán son as fichas de letras e o libro de lectura, non me lembro dos nomes letrilandia pode ser? Xa imaxino que os pediron as profes. Grazas, xa vos contarei como nos vai :)

    Rosana grazas!

    Concubina da morte, Eva, moitas grazas por vir. :)

    ResponderEliminar
  11. Thanks for joining the initiative.
    warmly,
    Silvia

    ResponderEliminar
  12. Uaue!!! un novo paso paramén paraa a Z e tamén para a familia. Xa sabes o importante que é para elas que ti te mostres o máis convencida que poidas coa nova situación. Precisan que as acompañemos emocionalmente para sentirse seguras.
    Para ela é un novo reto, e de seguro saberá desenvolverse con soltura despois destes 5 anos marabillosos nos que lle acompañaches no descubrimento deste mundo no que agora lle toca seguir de maneira un pouco máis autónoma. Estratexias non lle han de faltar e saberá compensar as cousas non tan boas da escola coa súa creatividade e iniciativa.
    Ánimo para toda a familia.
    Bicazos

    ResponderEliminar
  13. Ola! coñezo o teu blog por unha persoa en común, Elena Díaz, e teño que recoñecer tes unha familia preciosa. Dices por algún lugar que che gustaría ser máis organizada para facer máis cousas, pero a min dasme envexa por facer todas esas cousiñas, que eu sempre quero facer e nunca fago. E eso que só teño un neno de 2 anos e medio.
    Quería escribirte porque vexo que ti fixeche tandem, eu estou embarazada do segundo, que será para setembro, e teño algunha que outra dúbida, vinte no facebook por Elena, se non che importa escribote ahí, o meu nome é Lidia, e no facebook Lalidi, por si te escribo.
    Ainda así, espero resposta aquí, ánimo con esa nova "aventura", enténdote, eu teño a mesma reticencia en canto á educación.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  14. Grazas Catuxa, a primeira semana foi todo un éxito para ela. Nin sequera houbo que espertala nin un só día coa ilusión de ir ó cole e de ir no autobús :)

    Lidia, grazas por escribir, igual parece que fago moitas cousas porque as escribo, pero me gustaría tanto poderlle adicar máis tempo a mellorar nalgunha de todas elas e a rematar proxectos comezados... en calquera caso, hai moito tempo por diante :)
    Sobre o tándem, podes preguntarme o que queiras, hai moitas cousas cousas boas do tándem das que se fala sempre e outras non tan boas das que apenas se di nada. Prefiro que me escribas ó correo que hai aquí tartarouchos@gmail.com se te animas finalmente a escribir. Un bico e noraboa!!! :)

    ResponderEliminar
  15. Ya verás como todo va a ir bien... Aunque estoy contigo en que a mi cada día me decepciona más la educación "formal". Nosotros, por lo pronto, hemos preinscrito a Jorge en un cole Waldorf, que es lo más cercano que tenemos en la isla a nuestra idea sobre la educación...
    Ya nos contarás...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir