miércoles, 1 de diciembre de 2010

1 de decembro

Aínda non rematou o día, pero xa foi un día especial.

Hoxe comezamos comendo o chocolate das nosas primeiras portiñas nos calendarios de advento

1 decembro advento

1 decembro advento

E que sorpresa ó mirar pola fiestra!

1 decembro valado

Ademáis atopamos o noso composteiro aberto e unhas pegadas sospeitosas dalgún animal que veu buscar entre o que desbotamos ou na calorciña do compost

1 decembro composteiro

As pegadas semellaban dun gato, pero como se nos facia raro que abrise o composteiro nos fixo ilusión pensar que se cadra eran dun raposo, que ilusión que pasase pola nosa casa!

1 decembro pegada

Pero o que máis ilusión me fixo hoxe ó ver a neve pola fiestra nada máis espertar foi lembrar que hai dous anos nos erguemos o mesmo 1 de decembro tamén cun manto branco e cunha meniña que estivo a piques de chamarse Neve.

1 decembro cumpreaneira

Parabéns L! A nosa pequena da neve.

7 comentarios:

  1. que sorte ca neve!!!parabens tamen pra L!bicos

    ResponderEliminar
  2. parabéns para a L!!!!!!!
    Mil bicos de mel e apertas de buxo.

    ResponderEliminar
  3. Que rica la nieve!!!! Me encantaría poder disfrutar de días como esos con mi cachorrito...
    Imagínate que anoche había 16º... y hacía un frío...!!!! :))))
    Felicidades por ese cumpleaños a las dos,

    ResponderEliminar
  4. Parabéns pequena L!
    Que sorpresa as pegadas!!!
    Mary

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir