martes, 23 de noviembre de 2010

Unha funda rápida

Por aquí andamos sen tempo para nada, ou mellor dito, andamos facendo moitas cousas e temos o tempo todo ocupado. Creo que ten que ver con que eu son desas persoas que deixa todo para o último momento e se está achegar o final do ano, así que teño moitas cousas (seguramente atrasadas) que facer.

E para aproveitar o tempo vos deixo unha funda rápida e satisfactoria para un sofá cama da casa, que xa leva enriba a súa segunda transformación. A primeira foi hai uns 6 anos, cando cambiamos a escuma e o retapizamos coa axuda do avó Tartaruga, agora a funda que o cubría estaba tan gastadiña que a tea estaba rasgada. Non teño fotos do antes porque foi un proxecto de domingo, decidido en domingo, e comezado e rematado nesa mesma tarde, e me fixo sentir tan ben, de novo, comezar e rematar con cousas que había no "almacén de costura".
Non teño o antes, pero temos un par de cadeiras iguais repartidas pola casa, así que vos podo amosar como era a funda que cambiei aínda que en moito mellor estado.

sillón

Non tiña unha tea grande abondo para cubrir o sofá enteiro, pero aañei con dous retais, cosinos por riba da vella fundapara darlle consistencia, pois esta tiña algo de recheo de fibra, e ademáis pola parte de atrás pega nun velcro que o sofá ten no respaldo e máis no fondo e que é moi práctico para que a funda non escape seguido. Fíxena un pouco máis grande que a orixinal por suxerencia do Moucho, para que tape os laterais tamén.

funda sofá

Ata a fita bies estaba na casa grazas a anavilat e o seu paquete de teas para reutilizar para as que teño algunha outra cousa en mente :) Graciñas anavilat!

funda sofá

E agora, xa que o revivimos, imos seguir vivindo nel.

vida sofá

{(Un pequeno paréntese final) Encántame a facilidade da fotografía dixital para aprender, para descartar e para procesar as fotografías, pero necesito, gústame ter os momentos en papel, nalgo tanxible que poder coller, pasar e comentar sentados nun sofá, e niso tamén ando estes días. Teño algúns carretes de diapositivas da etapa anterior, da era analóxica... por que tardei tanto en descubrilos? En descubrir que aforrabas o pago do positivado das fotos, e descubrir o divertido que é miralas nese pequeno visor, encántanos a todos aquí,

vida sofá

vida sofá

vida sofá

aínda que non saibamos chiscar un ollo :) }


3 comentarios:

  1. Eso sí que es satisfacción. Empezar un proyecto un día y poder acabarlo y disfrutarlo en seguida!

    Por cierto, me gusta lo alegre que se ve tu casa con esos cambios!

    ResponderEliminar
  2. que bonito che quedou!!!!!!!!!encantanme esas cores!! aledame ver como o que uns consideran restos para o lixo nos lle demos outra nova vida.
    Teño que enviarche unhas fotos de unha funda que fixen para un sofá que nos agasallou un amigo tapiceiro para o carroucho pequeno...bueno... non era exactamente para el, era para miña sobriña pero veuno e xa non puiden decirlle que non era para quedar na casa, de feito o primeiro que dixo era que non lle importaba que fose rosa XD asi que ala me puxen a facerlle unha funda que quedou que nin pintada!!!! ;)
    Pena de non estar máis cerca para que puideses botarlle un vistazo a unha teas que temos por aquí agora!!! Se precisas algunha xa sabes!!!
    Mil biquiños de mel e apertas de buxo.

    ResponderEliminar
  3. Qué alegre! me gusta mucho la nueva funda.
    Yo siempre tengo la caja de las fotos a mano, un plan perfecto para una tarde aburrida.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir