martes, 9 de noviembre de 2010

Para Sacho (a semana dos coxíns)

A semana pasada vin neste blog que ía por en marcha a semana dos coxíns, normalmente estas semanas temáticas teñen como función sacar tempo para facer cousas que queres, se necesitas facer coxíns ou almofadas e te propós usar un chisco de tempo cada día durante esa semana igual sacas tempo e consigues o obxectivo.
A verdade é que eu véxoas sempre pero non me dou posto nin así, sempre teño demasiadas cousas entre mans e acabo facendo o que máis me apetece neses momentos. Pero desta vez cadrou que me apetecía, así que xa o domingo, despois de facer os recados necesarios a semana pasada, comecei a facer un coxín para Sacho.

Sacho vai vello, non é vello aínda pero os seus ósiños resíntense dos 11 aniños que xa ten, así que non lle gusta deitarse no chan, e por temporadas se queixa ó erguerse, que mellor que facerlle unha camiña para dentro da casa?

Levo tempo pensando nuns hules vellos que tiña gardados nun caixón, eran da nosa anterior casa e aquí non tiveron uso nunca, así que un hule me pareceu unha boa opción para a cama, así con pasarlle un pano ou a fregons a superficie queda limpa. Merquei unha escuma do tamaño que me daba o hule, perfeto para un can e incluso para os dous se eles quixeran, merquei tamén fío de torzal, que me soaba de escoitarlle á miña avoa (ese gordo co que veñen cosidos os vaqueiros), nunha cor escura para que non se note a suciedade... ehem. E cosín como puiden.

cama nova

O caso é que quedar quedou ben... pero a Sacho non lle gustou que se segue a deitar no chan, xusto ó carón da colchoneta, ou prefire marchar a deitarse na colchoneta do garaxe... e a Galla segue a gustarlle aquela casiña que mercara pensando en Olivia hai anos, así que agora terei que facerlle unha funda con toallas vellas, a ver se lle resulta máis agradable.

09112010-IMG_8782

Polo demáis, a idea semellaba boa, non si?

usuarias novas

2 comentarios:

  1. jajajaaja si es que... le pediste opinión antes de forrar la colchoneta??
    Qué guapo es Sacho y las nenas ni te cuento :)

    ResponderEliminar
  2. Pues no, no se la pedí, está claro :-/
    Se tumbó un día en ella... a ver si le hago la funda y le gusta más.
    Sí es que somos una familia de bellezas ;)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir