sábado, 13 de noviembre de 2010

Para a cama (a semana dos coxíns)

Hai algo máis dun ano perdemos a funda dunha almofada, bueno, non se perdeu de que non a atoparamos, pero deixou de ser usable despois dun deses episodios que nos pasan a todos e quedara esquecida na lavadora non sei canto tempo ata que lle saíron unhas motiñas de valor. Como? Que a vós non vos pasou iso nunca? Non vos creo :P
Bueno, o caso é que parte do almofadón o utilizara xa para aquelas mantiñas que fixera para o campo ou para a casa, e quedaban uns restos pouco aproveitables porque era onde estaban as motiñas negras.
Pero con isto da semana dos coxíns pensei que ó mellor había algún anaco salvable para refacer un almofadón novo e que seguira sendo do xogo de cama, e o había!

Cun anaco mínimo da tea a raias, un retallo dun azul escuro, e un pouco de tea branca do almacén caseiro... tachán! O xogo de cama volve estar completo!

almofadón 3

almofadón 2

almofadón 1

E queda ben, verdade? Aínda coa cama sen facer ;)

Estou descubrindo que o que máis me gusta de coser é poder rematar algo só coas cousas que hai pola casa, sen ter que saír a mercar algo para o rematar.

Esta semana xa non me dá tempo, pero teño os recheos duns coxíns ós que se lles estragara a cremalleira, así que igual intento facerlles unha funda nova... tamén con cremalleira, que nunca coloquei ningunha e así é unha boa maneira de aprender.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir