lunes, 8 de noviembre de 2010

As zapatillas

En casa adoitamos reutilizar moita roupa, reestrenamos roupa que nos chega de todos lados, creo que moita porque non ir ó cole supón que a roupa non ten que ser flamantemente nova, e incluso roupa que chega a nós con moito uso xa ten aquí unha (ou dúas) vidas máis.
O outro dia chegaron de man de alguén unhas bolsas de roupa que podiamos utilizar, e xunto a elas unha de zapatos. Polo xeral os zapatos non os reutilizamos, a non ser que tiveran moi pouco uso na súa primeira vida, boteille un ollo á bolsa por se acaso, pero non pensaba coller nada, e entón a Z. abalanzouse sobre ela e escolleu rápidamente unhas zapatillas e máis outros dous pares dos zapatos que viñan dentro.

- Aaaaah! Eu quero estas! De princesa!!

postas

Quen mo ía dicir a min, eh? :)

Sospeito que estas zapatillas que pon sen rechistar para estar na casa lle van facer dura competencia a aquelas do cadeliño que non quería quitar dos pés (e para unha nena que o primeiro que fai ó chegar á casa é quitar os zapatos e andar descalza, ten moito mérito). Iso si, comezou a poñelas cando xa non calzaba o numero que marcaban, e intentou metelas ata que viu que era realmente imposible.

as do cadeliño

Queredes ver os outros dous pares que escolleu con tanta presa?

de princesa

Definitivamente, esta é xa, de modo oficial, outra etapa... e eu de princesas non sei nada, xa me aprenderá.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir