martes, 26 de octubre de 2010

Vacacións parte III: de Cangas (de Onís)...

E non sei que ten a montaña que a min me dá unha sensación por dentro... cando vas por esas estradas no medio de paredes tan altas, ou cando comezas a subir por paredes peladas de rochas, ou cando ves un pasto verde rodeado de picos,... a verdade é que me gustaría ir máis á montaña, e saber máis tamén (subín de pardilla a Peña Vieja hai uns anos, en camiseta de manga curta, con pantalóns curtos, zapatillas e un bolsiño, sen nada que comer nin que beber nin de abrigo,... pero esa é outra historia).

Dende alí ó carón tiñamos que ir ver os famosos Lagos de Covadonga, e sabendo o que nos dicía Carolina, que había xente que lle dicía que levaba tres anos seguidos indo a non conseguiran velo pola néboa, pois averdade é que tivemos moita sorte. Abaixo o día estaba de néboa, pero a sorpresa foi que ó subir as nubes quedaron abaixo e gozamos da vista das montañas e dos lagos.

montañas

07102010-IMG_8037

o outro lago

o lago

cabalos

E todo é tan bonito que todo o camiño de volta, moito máis longo que o de ida para deixar pasar o rabaño de vacas que os pastores levaban cara o val, falamos de ir máis á montaña, de facer máis paseos, de meterlles "o gusanillo" no corpo ás pequenas,...

E entón fomos a Llanes, con intención de repetir a foto de hai uns anos onda os cubos, pero aterramos na praia:

from the beach days
(esta foto si está editada)

happy

cubos

reflecting

E a Z. me pediu que escribira isto na area

Praia te quero

E se notou. A verdade: non estabamos sendo moi realistas coa montaña sabendo que as nosas tartarouchas, polo menos de momento, non consiguen andar nin 300 metros sen dicir que están cansas... e na praia o pasan tan ben... que se hai que escoller praia ou montaña... elas escollen praia sen dubidalo.

Así que repetimos, praia ó día seguinte, e praia de inverno, cunha marea coma eu non coñecera nunca, co mar devolvendo cousas á terra...

tesouros

un óso

ostra

tesouros do mar

Lembreime de Esther, porque me namorei de tantos paus e tantas pedras... que tiven que traerme algúns tesouros para a casa.

tesouros

tesouros grandes

Os pequenos xa ocupan un lugar na nosa casa, para os grandes aínda buscamos sitio, pero están :)

E con Ribadesella, precioso, e cheo de bombonerías, nos despedimos de Asturias...

Ribadesella

cormoráns

:)

...pero non das vacacións! Aínda hai máis!

4 comentarios:

  1. Vaia días máis chulos que debestes pasar. Encántame lelo e mirar as fotos... Que guai tamén para as pequenas!!!
    Biquiños.

    ResponderEliminar
  2. As praias no inverno son unha beleza... e os paus e as cousas que leva o mar tamén... Que bonitas fotos! Un bico

    ResponderEliminar
  3. Tiveron que ser unhas vacacións fantásticas a paisaxe e fermosísima. Encántame a vosa familia, descobrinvos por casualidade e dende agora e co voso permiso vou seguir os vosos pasos. Temos 2 nenas e 1 neno, cosemos, bordamos, calcetamos, etc ... e tamén temos unha pequena horta. Coido que temos mmoito por compartir.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir