sábado, 23 de octubre de 2010

Vacacións parte II : de Cangas (de Onís)...

O aloxamento estaba claro onde sería: no Hotel La Balsa, en Sotu Cangues, do que se fixeron cargo hai pouco uns amigos ós que facía tempo que non viamos. O hoteliño é moi tranquilo e o comentamos dende que chegamos alí: o sitio é perfeto, a vinte minutos da montaña e vinte minutos da praia, con moitas cousas para ver ó redor, pretiño dos negocios adicados a aventura, descenso do Sella, rotas de sendeirismo, itinerarios a cabalo,... e un pobo precioso con todas as casiñas amañadas, de cores, en pedra e madeira,...

Déixovos cunhas fotiños, que xa falan por si soas. Desta vez van tal cual saíron da cámara, ando con problemas co monitor e non as vexo ben, así que prefiro non tocalas, así que SOOC (straight out of camera).

vista

cuarto en La Balsa

teito

lendo

a tender

xogando

al sol de octubre / hanging in the october sun

na terraza

vista

un detalle

Pasámolo moi ben almorzando e ceando cos amigos e lembrando vellos tempos nas conversas.
Un biquiño moi forte a Caro e a Emilio! Gozade agora das vosas vacacións!

1 comentario:

  1. Hey qué suerte!!!! Me ha emocionado esta entrada!
    Se os echa de menos a todos, un biquiño!!

    Quel-quel, me encantan las fotos y las no tan pequeñajas son... PRECIOSAS!!!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir