jueves, 21 de octubre de 2010

Vacacións: de Cangas...

(de Onís) percorrendo un cachiño de Asturias e comezando por aquí

1ª parada

a primeira parada obrigada para admirar as vistas da costa dende a montaña, a pesar de non facer o mellor día, e onde ás Tartarouchas lles pareceu moito máis interesante mirar as lermias (as babosas) xigantes.

A sorte dun mércores chuvioso para visitar o Museo Jurásico de Asturias de balde (apuntádeo de ides pasar por alí)

o teito

unha vista
(o edificio é precioso, con forma de pegada de dinosauro e todo feito en madeira, para recrearse un bo rato nas simetrías e nas bóvedas enormes)

e aproveitar a visita duns escolares para escoitar atentamente as explicacións do guía.

atendendo

A verdade é que nos sorprendeu a Z. enormemente, fomos pensando que non lle ía encantar porque, quitando ó bo de Piecito, os dinosauros non lle atraen especialmente, pero nos cadrou entrar xusto a un tempo coa visita guiada para os preadolescentes e a Z. sentouse canda eles dende o primeiro momento e en cada parada, nos chamaba se nos retrasabamos seguindo ó grupo, preguntábamos ou nos explicaba cousas do que contara o guía, e unha vez rematado o percorrido nos pediu dar a volta para ver o que máis lle gustara unha vez máis: os ovos.

Sorprendeunos que lle interesara tanto un tema que a priori non é nin de lonxe dos seus favoritos, que non nomea nunca, e igualmente soubo atopar nel algo que lle chamara enormemente a atención.

Quedamos coas ganas de ir visitar as pegadas de dinosauros das praias próximas, pero nos caeu o diluvio e non iamos preparados, pero teremos que volver para ver as famosas pegadas dos monstros

monster

(por certo, este non é un dinosauro, é un réptil, pódese saber, entroutras cousas polo tamaño da cabeza, a forma dos ósos do cranio, e por outras cousas que non se aprecian na foto, como o número de dedos nas patas dianteiras, os dinosauros teñen 3, e que andaban coa cola erguida)

(...continuará)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir