sábado, 2 de octubre de 2010

Ourizo

ourizo

A semana pasada tecín a todo meter un ourizo para a bebé (a súa mamá sinte que vai ser unha nena, a ver se a intuición lle funciona mellor que a min ;D) que está aínda na barriga pero xa por pouco tempo.

26092010-IMG_7605

26092010-IMG_7600

26092010-IMG_7607

Á súa mamá gustoulle moito, e á Z. tamén que tiña moi clara para quen era dende o principio, pero cando o viu rematado lle custou horrores desfacerse del e pediu un para ela. Agora semella que se lle esqueceu, pero igual teño que repetir modelo.

Comeceino cuns restos da fada que lle fixera hai tempo e por pouco teño que mercar máis la, e agora non quería mercar máis, estou intentando tecer o que teño na casa, que xa é abondo... e aínda así onte fun con alguén escoller unha la e comecei un novo proxecto.

E non, aínda non rematei o meu chal de outono, pero antonte decateime de que me trabucara e bastantes voltas atrás (desas enoooormes voltas finais) así que aínda estou collendo folgos para desfacer e agardando o momento preciso. En canto estea rematado amósovolo.

E aínda teño máis proxectos na cabeza con ganas de comezar... creo que é sinal inequívoco de que chega o frío e apetece quedar na casiña a tecer, eu xa teño ganas, vós non?

NOTA: O Ourizo fíxeno seguindo o patrón de Smith de Ysolda Teague, por se alguén máis quere intentar facer un agora que se fixo famoso ;)

4 comentarios:

  1. O ourizo sae en Kireei...non me extrana, co bonito que é.
    bicos.
    Lucía.

    ResponderEliminar
  2. Rocía, hazte uno!! El patrón no es mío, voy a poner una notita en la entrada por si alguien más lo quiere hacer.

    Lucía, moitas grazas por avisar, non sabía que o sacaran :) E moitas grazas polo piropo ;)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir