lunes, 11 de octubre de 2010

Non sei que pasou...

... eu collín unhas tesoiras coa intención de cortarlle un chisquiño o pelo á L. porque os seus catro pelos longos comezaban a enguedellarse seguido... e non foi mal a cousa.

despois

Entón a Z. dixo: "eu tamén quero cortar o pelo! Quero ter o pelo curtiño coma L." e a verdade é que eu vía que non lle viña mal, así que... por que non?

Por unha vez en anos deixouse peitear co resultado tal que así:

z antes

z antes

Certamente víñalle ben un corte de cabelo. Pensei cortarlle só un chiquiño por abaixo, deixar os seus rizos iguais pero máis curtos, pero entón o pelo máis longo quedou sen rizos, e as capas de arriba do pelo totalmente encaracoladas, víase moi raro, así que pensei que en vez de deixar o corte recto podía cortar tamén as capas de arriba para que non se vise tan raro... e entón foi peor, porque os rizos desapareceron por todos lados, pero o volume non, e cada pelo nunha dirección,... ben lle podía ter deixado as tesoiras a ela. A estas alturas ela xa estaba cansa da sesión de perruquería e non paraba medio segundo, e as tesoiras (infantís sen punta) xa non cortaban o pelo, así que foi cando interviu o papá Moucho e dixo: "Que desfeita! Aquí hai que meter a máquina". Eu pensei ter un deja-vu, pero só foi un flash-back, porque o ano pasado nos pasou exactamente o mesmo. Nalgún momento dixemos que tiña que haber algunha fórmula para facer un corte de pelo intermedio con este cabelo rizado... o noso término medio resulta ser tal que así: longo por atrás e curto por adiante

detrás

A min xa me gusta máis así, e ela está encantada co seu pelo curtiño que non doe (é o máis próximo a ter o pelo "recto" que sempre di que quere ter, coma a súa amiga Z.)

z despois

Pero igual á próxima para un corte intermedio imos ter que ir a un salón de peiteado :D

Non sei que pasou... que se nos convertiron en princesas :)

princesas

7 comentarios:

  1. que risas ca tua entrada! e que a medida que o lia sentiame identificada..claro, e que o pelo da z. é como o meu e xa sei que non hai corte intermdio..:-)))))pero por fin! a min encantame a z con este corte..

    ResponderEliminar
  2. Pues las dos están preciosas, y Z. muuucho más guapa con el pelo corto. Se le ven unos ojos increíbles.

    ResponderEliminar
  3. Están guapísimas as duas co pelo curto, sodes uns grandes profesionales.
    bicos
    Mary

    ResponderEliminar
  4. Gústame como contas as cousas máis sinxelas:"Non sei que pasou...que se nos convertiron en princesas" é xusto o contrario do que adoita acontecer nos contos de fadas...Fermosa forma de afrontar un cambio.
    E as pícaras,moi guapas.

    ResponderEliminar
  5. segundo ía baixando polo reader dicíame que desfeita cando ías polo medio, curto por diante e longo por detrás, pero ao chegar ao final dixenme "é unha princesiña tan fermosa cos seus marabillosos ollos", moi ben, a verdade é que moi moi lindas

    ResponderEliminar
  6. Están guapísimas así, resalta moito máis a súa cara :))

    ResponderEliminar
  7. tialu tiñas que estar ti aquí para irme dicindo :)

    mama paso a paso a mí también me gusta más así

    Ai, Mary, moi profesionais non somos, non creo que con estes resultados se nos acheguen moitos voluntarios :D

    Grazas lola, ese mesmo día xa houbo quen lles dixo que non podían ser princesas co pelo tan curto :(

    Olivia, co pelo non hai fallo, se queda mal córtalo máis e andando, xa medrará

    engalegomellor, moitas grazas.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir