martes, 5 de octubre de 2010

L. é ela

Hai meses que é difícil axudala a calzarse, sempre ten que ser ela soa.

me calzo

E encántalle vestirse tamén, por moi complicado que sexa.

me visto

As noites están na fase "outo teta,... outo teta,... outo teta,..." e así ata o infinito.

Moitas veces pide coletas (aínda que se a Z as pide despois ca ela en canto a Z as quita, é dicir, uns dous minutos despois, ela tamén as quere quitar)

gústanme as coletas

coleteras

Cando lle cae unha pinga na camiseta ten que quitar toda a roupa, e no inverno non lle gusta levar vestidos.

Pasa o día coidando bebés, e o mellor xoguete desta última época foi unha toalla vella que lle dei sen pensalo ó abrir un caixón e coa que xogou xunto cun "nené" máis dunha hora.

os coido

Encántalle (e a min máis) ese xogo de poñer dúas caras ó que xoga sempre á hora de xantar (teño que conseguir facerlle fotos)

Sabe andar, correr, e ata tenta saltar, pero pasa a maior parte do tempo no colo sen pisar o chan.

Durme unha mini sesta dunha media hora ó día, case sempre antes do xantar, e se contan cos dedos dunha man as veces que puidemos pousala sen que espertase.

a sesta


Outro día máis.

6 comentarios:

  1. A primeira e a última foto son espectaculares. Ogallá eu tivera fotos tan chulas de pequena, as tuas nenas son afortunadas!

    ResponderEliminar
  2. Unas fotos preciosas, unas niñas preciosas... Tu blog es un soplo de aire fresco al que da gusto asomarse. Gracias!

    ResponderEliminar
  3. Que fotos tan fermosas hai neste blog. Anótoo para seguilo.

    Parabéns polas túas nenas

    ResponderEliminar
  4. Hai que anotar todo para non esquecer.
    A foto de L. coa avoa ( supoño ) é magnífica.

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas a todas e tamén ó pai de leo que sempre anda atento (ó mellor engalegomellor tamén é un el?). A min tamén me encanta esa última foto, e si, é a avoa Moucha, a avoa Carme, a escena é preciosa.

    Anisor, seguro que as miñas nenas tamén lles gustaría que fixese máis fotos en papel ou que deixara de afotalas, sempre queremos o que non podemos ter :P

    Encántame descubrir visitantes nov@s do blogue! Benvid@s

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir