jueves, 2 de septiembre de 2010

Lembranzas

O mes pasado estivemos de xantar coa familia do avó Tartaruga e fomos á casa onde adoitaba vivir, onde eu pasei algún tempo cada verán. Non o agardaba, pero ó chegar alí xurdiron moitas lembranzas. É incríble o que as cousas e os lugares nos poden traer á cabeza, verdade?

O baño cheo de antigas calcamonías que pegaron meu pai e seus irmáns de pequenos onde eu lembro sempre os xamóns colgando do teito.

memories

O banco pegado á casa, onde pasabamos o tempo agardando que quedara libre a hamaca que colgaba das árbores de enfronte, e que agora non pasa pola súa mellor época... como pasa o tempo, eh?

in decay

Aquela casiña que está igual ca sempre no seu sitio da parede xunto as escaleiras, e que segue a ter esa boliña que eu nunca souben para que servía.

21082010-IMG_1438

Eu levo unha temporada na que todo me evoca recordos doutra época, supoño que se pode dicir que estou nostálxica. Lin esta entrada de Luisina e me moveu por dentro, intentei rescatar as miñas primeiras imaxes mentais, e xusto naquela época vira tamén este agasallo de Dana Made. Dende entón pensara en facer unha libretiña semellante, e decidín que eu de momento non necesito o botiño, aínda que gardo a idea para máis adiante porque me encantou, así que lle dei uso á vella libretiña que as bruxiñas me deron polo meu aniversario, e así é aínda máis redondo. Escribo nela lembranzas que chegan á mila cabeza soltas, sen máis, e gústame :)

02092010-IMG_1668

Hai tempo que quero contarvos o da miña libretiña, e pensei tantas veces en escribir esta entrada que xa non sei se o cheguei a facer.

E agora déixovos, que despois de xogar unhas cantas partidas de cartas Uno, quero escribir un pouco :)

2 comentarios:

  1. Vaia idea máis chula, Tartaruga. Axiña se me viñeron á mente imaxes, cores e sabores da miña infancia... Teño unha libretiña moi parecida á túa (con cheiro a anos setenta)que leva máis dun ano esperando unha razón para comezar a encher as súas páxinas. Quizais sexa este o momento ;-)
    Moitas grazas!

    ResponderEliminar
  2. Pois igual sí é o momento, e se a levas nese bolso novo seguro que vive a mellor vida posible. Un biquiño :*

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir