lunes, 13 de septiembre de 2010

Experimentos na cociña

Non vos asustedes se vindes a casa e pola mañá atopades unha manta con algo envolto dentro enriba do mesado da nosa cociña...

paquete

Si, semella que hai algo dentro...

empañado

O noso experimento comezou de súpeto onte a noite nunha arroutada

A ver a veeeer

Comezou con dous litros de leite e un iogur "grego" e hoxe pola mañá, sen máis artilixios que a cociña e unha manta de ganchillo feita pola avoa (unha verdadeira manta de cadriños da avoa :D) conseguimos esta marabilla que alguén debeu descubrir por casualidade

iiiiico

Encantoume pola simplicidade, quentar o leite sen que chegue a ferver, deixalo enfriar un chisco, botalo nun bote con tapa e mesturar cun iogur (ou no sucesivo cun pouco do noso iogur), envolver nunha manta ben quentiño e deixar así toda a noite. Nunhas oito horiñas apareceu esta mestura cremosa no canto do noso leite, é tan suave, e... mmmmmm.

Xa escoitara falar de facelo no forno coa luciña acesa para manter a calor, ou enriba da neveira,... pero isto é tan simple... Unha manta!! E tardou en enfriar, pola mañá aínda estaba morno, aínda que non sei se funcionará en pleno inverno, será cuestión de probar, non?

Todo un descubrimento!! Só que nesta casa non somos moito de iogur, así que igual queda para fecer moi de cando en cando, pero se sodes grandes comedores de iogures e non queredes mercar un aparello máis para ter na cociña J. Casa vos explica con instrucións sinxelas como facelo e está rico rico, sae cantidade e aguanta seica polo menos unha semana na neveira.

"papa"

O que si debe vir ben é unha bolsiña como a do requeixo para quitarlle o soro. Eu quería que quedara mesto, así que puxen primeiro un papel de cociña por se acaso se pegaba e despois un pano que xa escorrín catro veces, e lin que o soro se pode aproveitar para facer pan en lugar de usar auga... teño que indagar máis.

De momento pese as reticencias iniciais de todos (menos miñas), parece que non está mal, a Z, para non variar prefire as cousas "de sempre" e nas de sempre nin tan sequera entran os iogures, a L. probou e probou e probou a dediños e seica moi malo non debía estar aínda que non sexa a súa comida preferida, e o Moucho, pese a resistirse no comezo, e ter as súas dúbidas sobre a seguridade do experimento o probou e pese a comezar timidamente rematou aproveitando ben o vasiño e dicindo: está moi rico!

En canto a min, alguén máis almorzou algunha vez churros fríos con iogur morno? E a alguén máis lle gustou a combinación? :D

Iso, que se vos gusta o iogur, probedes, está bo

mmmmm

5 comentarios:

  1. Mi madre cuando era pequeña nos hacía los yogures. Luego perdimos la costumbre, imagino que era más cómodo comprarlos por el tema de la fecha de caducidad.
    Un día de estos pruebo a hacerlo a ver que tal sale.
    Churros con yogur? y encima frios? estás fatal :P

    ResponderEliminar
  2. Éche certo,semella doado! . E botásteslle mel ou outra cousa para os pícaros? .Eu gosto dese sabor acedo con mermelada de amorodos...
    lola

    ResponderEliminar
  3. O de facelo sucesivamente con iogur caseiro non funciona, vai quedando cada vez máis líquido (a nós polo menos, se o consegues, conta o truco!). Como moito, a primeira e outra vez máis, despois hai que usar iogur comercial outra vez. Senón aquí na casa non lles gusta, disque ademáis de moi líquido sabe a leite.

    Jo, se con Feiraco xa sae bo, imaxino con ese leite cru que tendes, mmmmmmmmm.

    Bicos, Cris

    ResponderEliminar
  4. Cannnela, Light Thru... lo de los churros fue un semi accidente, los hicimos el día anterior por la noche y sobraron muchos (la encargada de la sal fue Z y quedaron un poco-muy sosos) así que estaban allí y yo metida en el papel de madre-que-dice-o-piensa-la-comida-no-se-tira. La sorpresa fue que me gustó, los churros fríos, con el azúcar por encima y el yogur templado recién hecho... :)

    lola, o caso é que ás pequenas nesta casa non lles entusiasma o doce pero o sabor acedo tampouco... vaia, que non lles vai o iogur ;)

    Cris, probaches a escorrerlle o soro cunha bolsiña como a do requeixo? É que nós fixemos o que dicía a muller esta no blogue de poñerlle o pano por riba e tíraselle moito soro, eu creo que facendo así pode quedar máis concentrado e saír tamén máis concentrado, pero indagarei... estar está boísimo :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir