martes, 7 de septiembre de 2010

Aquí vén o Outono!

E vai frío, e chove, para que nos vaiamos afacendo mentres agardamos polo "veranillo" de San Miguel.
E como non estamos moi afeitos a chuvia este verán, cousa ben rara, andamos un chisco despistados, e mentres nos adaptamos imos lembrando algúns momentos dos últimos días...

... un paseo en bicicleta de papá Moucho e a señorita Tartaroucha grande, ou ben podiamos chamala Miss Pink (é que somos plurulingües nesta casa)

paseo en bici

E eu que sempre aborrecín o rosa e a Z escolle atuendos coma este (e non se ve, pero debaixo desa camiseta hai un pantalón... a que non adiviñades de que cor?)

miss pink


... un puzzle de letras transformado nunha ringleira das que tanto lle gustan

letras

e usado como vía para esta locomotora :)

camiño


... creacións con pegatinas... tamén en ringleiras.

en liña

de cores

A verdade é que cando merquei estas pegatinas non pensaba en que foran utilizadas así, pero ela sempre sorprende e aínda que moitas veces o meu primeiro impulso é intentar "corrixilo" ó final se transforma nunha suxerencia e explicación: "se usas todas as pegatinas así hoxe, outro día non terás" E ela resposta con seguridade: "pero é que a min non me gusta usar pouquiñas, gústame usar moitas, gardarei unhas poucas por se me apetece pegar outro día". E xa está, por que ía ter eu máis razón ca ela?

Durante o verán fíxose ademáis unha adepta dos libros de pasatempos, encántanlle os labirintos e as diferenzas, non tanto as series, ou os dominós, e nada de nada os que lle "mandan" pintar dunha cor determinada ou debuxar o que falta cun modelo do que copiar. Gústalle crear e a min encántame e non podo evitar pensar a de fichas que lle "mandan" que leva aforradas para poder facer servir á súa imaxinación e non á súa obediencia :)

Seguimos por aquí, matinando,... e creando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir